Deputación de Lugo

O Museo Pazo de Tor acolle este xoves o curso de verán O Rural Agroecolóxico co que colabora o Goberno da Deputación

A Deputada de Benestar Social, Sonsoles López Izquierdo, participou este xoves no obradoiro Rural Agroecolóxico que tivo lugar no Museo Pazo de Tor, en Monforte de Lemos. Trátase dunha actividade incluída na programación dos cursos de verán que ofrece o Goberno da Deputación en colaboración co Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela. O Rural Agroecolóxico é un obradoiro que busca afondar nas razóns do abandono da actividade agrogandeira do país durante as ultimas décadas, o que está a producir consecuencias a nivel económico, social, ambiental e cultural, tan característico dos fenómenos da “desruralización”. Durante a xornada, celebraronse conferencias e obradoiros dirixidos a fomentar entre os participantes o coñecemento sobre a técnicas agroecolóxicas que respecten o medio ambiente.