Deputación de Lugo

A Deputación acolle unha charla de Paco Rivera sobre a historia do Breogán

A Deputada de Artesanía, Cultura e Deseño, Pilar García Porto presentou na sala de exposicións a conferencia; Historias, segredos e valores do Breogán, que impartiu o coñecido xornalista lucense Paco Rivera. Esta charla realizase como complemento da mostra 50 anos de Breo. O organismo provincial achega de xeito totalmente gratuíto a todos os lucenses esta exposición, na que se fai un repaso pola historia do CB Breogán con motivo do seu 50 aniversario, ata o 30 de xuño.