Deputación de Lugo

Freixanes inicia con Campos Conde a rolda de reunións cos Presidentes das Deputacións Galegas

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, mantivo este luns un encontro co novo Presidente da Real Academia Galega, Victor Fernández Freixanes. Trátase da reunión coa que o Presidente da RAG inicia a rolda de encontros cos Presidentes das Deputacións Galegas. O Goberno da Deputación mantén unha estreita colaboración coa RAG coa que axuda a garantir o seu funcionamento.