Deputación de Lugo

A Deputación achega 2.500 euros para a celebración da Semana das Artes da Mariña

A Deputada mariñá, Mayra García participou este venres na presentación da mostra plástica “Ser visibles. Escoitar as imaxes. Retratar as palabras”, que acolle o CENIMA de Foz . Neste proxecto colectivo participaron 11 artistas da Mariña, como colofón a un ano de traballo para achegar a Arte Plástica aos centros educativos A Deputación achega 2.500 euros para a celebración desta semana das Artes Plásticas da Mariña.Mayra García remarcou que o organismo provincial “quere ser participe desta explosión cultural mariñán, por iso contribuímos a poñer en valor e reivindicar o traballo das artistas da nosa Comarca, como podemos comprobar coa presentación desta exposición”.Esta exposición, que estará aberta ata 28 de abril, participan Adri Pardo, Laly Santos, Pilar Rei, Lucía Catuxo, Zilí Katova, Cris Basanta, Lucía Vila, Eva Rivas, Alicia Puchades, Carmen Llonín e Renata Otero.