Deputación de Lugo

A Deputación amosa o traballo da Rede Museística aos alumnos xaponeses que están a realizar prácticas no Museo Provincial

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, mantivo este xoves un encontro cos alumnos xaponeses que están a realizar prácticas no Museo Provincial de Lugo. Durante o mesmo, Vidal Baamonde deu a benvida aos rapaces e convidounos a coñecer os catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo, participando nun enriquecedor intercambio cultural. O vindeiro día 21 de abril presentarase o traballo final, coas conclusións das súas prácticas na provincia de Lugo.