46 operarios e 21 máquinas acondicionan máis de 30 vías en 6 Concellos lucenses por acumulacións de xeo e neve
O Goberno da Deputación mantén activado o Plan de Emerxencia para facer fronte ás acumulacións de neve e xeo, rexistradas esta madrugada na rede viaria provincial, sobre todo nas estradas da Montaña lucense. Un total de 46 operarios e 21 máquinas acondicionaron máis de 30 estradas provinciais e municipais, onde as acumulacións de neve oscilaron entre os 5 e os 10 centímetros.
Arestora, todas as estradas afectadas están abertas ao tráfico. O Goberno da Deputación manterá o dispositivo de inverno activado pois a previsión é que continúe nevando tanto ao longo desta mañá, como durante a vindeira madrugada. A este continxente uniranse tamén se fose preciso os medios dispoñibles do Parque Móbil para garantir a seguridade da rede viaria provincial.
As estradas onde máis acumulacións se rexistraron son:
- Folgoso do Courel: LU-P- 1301 de Seoane do Courel a Pedrafita; LU-P-1303 de Seoane por Visuña a Ferramulín; LU-P-1304 de Mostade por Romeor a Casares; LU-P-1305 de Campa por Vilar a Alto do Boi; LU-P-1306 da LU-651, en Megoxe a Ferrería do Incio; LU-P-4501 do Poio, por Louzarela e Teixeira á de Samos a Caurel, e acceso a Meiraos; LU-P-4701 de Pobra do Brollón, por Parada dos Montes a LU-P-4505; do Poio por Louzarela a Teixeira; LU-P-5004 de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín, LU-P-5601 de Samos ao Courel e Rampa a Santa Mariña.
- Cervantes: LU-P-1401 de LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial; LU-P-1404 de San Román a Quindós; LU-P-1405 de Campa da Braña a Tres Bispos; LU-P-1411 de Vilanova ao Portelo; LU-P-1412 de Quindos a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos.
- A Fonsagrada. LU-P-1906 de Pedrafitelas por Vilares a Os Cangos; LU-P-3601 de Acebo a Negueira de Muñiz.
- Navia de Suarna: LU-P-3501 de Paradela ao Alto do Restelo; LU-P-3502 de Muñis a Rao; LU-P-3508 de Rao por Murias a Balouta, LU-P-3505 de Navia por Silvouta; LU-P-3509 de Navia al Alto de Labiadas.
- Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504 de Pedrafita ao Portelo; LU-P-4503 de San Pedro por Busnullán a Nullán; LU-P-4505 de Louzarela por Queixadoiro a Filloval.
- Samos: LU-P-5603 de Aira Padrón, por Ponte de Louzar a Praducelo; LU-P-5601 de Samos a Courel e Rampa Sta. Mariña; LU-P-1306 de Megoxe a Ferrería do Incio; LU-P-5605 de Parada, por Santalla a Ponte Louzara.
Para o acondicionamento destas vías, mobilizáronse 12 máquinas quitaneves con coitela ou cuña e saleiro, 6 medios de intervención rápida pick up con coitela ou cuña e saleiro e 3 coches de apoio provistos de medios mecánicos como picos ou palas para facer fronte a derrubamentos ou caídas de árbores, entre outros.