Deputación de Lugo

Presentado en Ourense o catálogo do Premio Outono Fotográfico Contemporáneo co que colabora a Deputación

A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, participou este xoves na presentación do libro-catálogo da exposición gañadora do Premio Outono Fotográfico, Environments de Jon Gorospe, que tivo lugar na Galería Fotoarte no Concello de Ourense. O organismo provincial colabora cunha achega económica de 2.000 euros para a celebración do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. O libro é un catálogo da colección fotográfica que estivo exposta no Pazo de San Marcos durante o 2016, un proxecto composto por 30 fotografías e dous filmes que denuncia como a sociedade actual agocha os produtos que produce e a opacidade dos lugares onde se acumula ese lixo.