Deputación de Lugo

O xinete compostelán Marcos Ortega vence no Iº Trofeo Copa Deputación de Lugo, celebrado en Equiocio

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, entregou este sábado ao xinete compostelán Marcos Ortega que competía con Cinala S, o primeiro Trofeo Copa Deputación, que se celebra por primeira en Lugo con Equiocio. A proba de saltos, consistia en facer o percorrido sinalado en menos de 85 segundos, e cunha altura de 1.20 metros.

O segundo clasificado desta competición foi Pedro Ballester que montou a Plus Jamais, e o terceiro da proba foi o vasco Oier Bañuelos, que participou con Charleston.

Rivera Capón felicitou aos 39 participantes deste Trofeo que se celebrou por primeira vez na Provincia. Explicou que , dende o Goberno da Deputación achegamos 10.000 euros para financiar este evento. “E facémolo porque é un imporante impulso económico para a cidade, pois move a un grande número de amantes do mundo do Cabalo”.

Equiocio celebrase dende o 13 ata o 16 de abril, no Pazo de Feiras e Congresos, e participan 150 xinetes de Galicia, Asturias, País Vasco e Madrid. Ademais este conta cun marcado perfil social, pois a recadación irá destinada á Fundación de Dano Cerebral (FUDACE).