Deputación de Lugo

Deputación e Concello colaboran na promoción da cultura castrexa, coa novela do escritor lucense, Pablo Núñez

- A Deputada de Cultura, xunto á Alcaldesa de Lugo, presentaron este xoves a novela de ficción Juego de Reinas, que tivo lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos
- García Porto destacou que “dende o Goberno da Deputación colaboramos con este tipo de iniciativas co obxectivo de promocionar e impulsar a literatura lucense”
- Méndez López amosou a súa satisfacción por participar na presentación do novo libro de Núñez e subliñou que “os libros son coñecemento, cultura e aprendizaxe”
- O escritor lucense asinará exemplares desta obra os vindeiros 18 e 20 de maio, durante a Feira do libro de Lugo

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, xunto á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López; ao autor do libro, Pablo Núñez González; ao escritor, Francisco Narla; e ao editor e Presidente de Edhasa, Daniel Fernández; presentaron este xoves o libro Juego de Reinas, que tivo lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. O Executivo Provincial e o Concello de Lugo colaboran coa difusión e promoción desta obra.

García Porto destacou que “dende o Goberno da Deputación colaboramos con este tipo de iniciativas e proxectos co obxectivo de promocionar e impulsar a literatura e o traballo dos escritores da nosa provincia. Quero dar as grazas Pablo Núñez, pois creo que realizando este tipo de novelas, e, por suposto, dándolles difusión, contribuímos en certa medida a que a xente descubra e coñeza un pouco máis do pasado galaico e da cultura castrexa, aínda que sexa a través dunha novela de ficción.”

Pola súa parte, A Alcaldesa amosou a súa satisfacción por participar na presentación do novo libro de Núñez, “os libros son coñecemento, cultura e aprendizaxe”, subliñou a rexedora, quen desexou ao que foi finalista do Premio Planeta no 2006 moitos éxitos coa esta nova publicación, a terceira tras a gran acollida de Juego de Reinas e Las Hijas del César.

O escritor lucense, asinará exemplares de Juego Reinas os vindeiros 18 e 20 de maio, durante a Feira do libro de Lugo.

Juego de Reinas
A novela comeza cando Tautinkom, rei de Erin, cae destronado por Irvyn O Branco, e as súas dúas fillas vense obrigadas a separarse. Elvia, a montañesa, seguirá ao seu pai no desterro a terras galaicas. Con todo, Wen, coñecida como a Dama Branca, quedará cruelmente cativa en mans do novo rei, a quen xurará vinganza eterna. Máis aló da torre de Breoghan, o propio destino e o mar do Norte afastan a quen naceu para ser libres, a quen ha de devolverlle a liberdade ao seu pobo. Son tempos de guerra, de traizón, de paixóns?, e as nacións celtas cambaléanse. Os caudillos chaman aos seus exércitos á guerra, mentres que os druídas, aqueles que poden ver tras as fronteiras do futuro, presaxian tempos escuros. Carballo Gris, o máis poderoso deles, augura o inevitable. Ambas as irmás foron predestinadas a atoparse de novo? E xa nada será o mesmo.