Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación, xunto con autoridades de todas as institucións da provincia, participou nos actos polo 50 Aniversario da Voz de Galicia en Lugo

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, a Deputada de Economía, Mayra García Bermúdez, á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, á Secretaria do Parlamento, Raquel Arias, e ao Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, entre outras autoridades, participaron este luns nos actos programados con motivo do 50 Aniversario de La Voz de Galicia en Lugo.