Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación promove unha charla-coloquio sobre deporte e saúde

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participou este mércores na charla-coloquio sobre deporte e saúde A necesidade dunha correcta diagnose previa ao exercicio amateur e profesional, promovida polo Goberno Provincial no marco de actividades incluidas no contrato de patrocinio asinado pola Deputación e o CB Breogán. Os encargados de impartir a charla foron o adestrador do club celeste, Natxo Lezkano, e o xefe da Unidade de Cardioloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti, Carlos González Juanatey. Tamén participou o locutor radiofónico Juan Carlos Rodríguez, como moderador.