Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación incrementa aos 800.000 euros os fondos do Plan de Roza da rede viaria provincial

Imaxe deputación de lugo
- O Vicepresidente explicou que para a adxudicación e execución da roza dividiuse a rede viaria en 24 zonas para favorecer a contratación dun maior número de autónomos e PEMES da provincia (que serán outros 24), e axilizar a realización dos traballos
- Martínez avanzou que “mañá aprobaremos na Xunta de Goberno as primeiras actuacións con 153.000 euros, que arrancaremos en 15 Concellos da Mariña, Terra Chá e Lugo a través de 5 autónomos lucenses, que darán traballo a 15 persoas”
- O Deputado de Xestión Territorial destacou que “a vindeira semana, poremos en marcha o Plan de Roza en estradas, principalmente, da Mariña, pois traballaremos en 9 municipios desta Comarca, que xa comeza a recibir a centos de visitantes”

O Vicepresidente e Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez Núñez, informou este xoves que o Goberno Provincial incrementa en 100.000 euros con respecto ao ano pasado os fondos do Plan de Roza da rede viaria provincial, que é a máis extensa de España ao superar os 4.200 quilómetros, achegando un total de 800.000 euros. 

Martínez Núñez explicou que para a adxudicación e execución destes traballos se dividiu a rede viaria en 24 zonas co obxectivo de favorecer a contratación dun maior número de autónomos e PEMES da provincia, así como a axilización destas actuacións. O Vicepresidente avanzou que mañá mesmo “no Executivo da Deputación aprobaremos na Xunta de Goberno as primeiras actuacións do Plan de Roza, con 153.000 euros do orzamento total desta programación, para inicialas a vindeira semana. Arrancarán en 15 Concellos da Mariña, Terra Chá e Lugo. Poñémolas en marcha principalmente nun maior número de municipios da Costa, pois as nosas praias van a comezar a recibir un maior número de visitantes. De feito, comezaremos por Ribadeo e Barreiros”.   

Primeiros 5 autónomos lucenses
As actuacións que se aprobarán mañá conta cun investimento de 152.957 euros e os adxudicatarios son 5 autónomos e pequenas empresas de Foz, Viveiro, Barreiros, Lugo e Palas de Rei, que darán emprego a 15 persoas para a execución do Plan de Roza en estradas provinciais de 15 Concellos. 

As primeiras estradas nas que se efectuará a roza son dos Concellos de Burela, Foz, Cervo, O Valadouro e Alfoz. Estes traballos contan cun orzamento de 33.6000 euros. Simultaneamente, outros profesionais lucenses do sector executarán estes traballos en
en Barreiros, Ribadeo, Trabada e Lourenzá, cun investimento de 29.571 euros.

Ao mesmo tempo, na Terra Chá, dous autónomos realizarán a roza nas estradas provinciais de Muras, Xermade e Vilalba, cun investimento de 40.017 euros; e outros en vías da Deputación en Friol, con 21.513 euros. E na Comarca de Lugo, arrancarán en viais provinciais dos Concellos de Castoverde e O Corgo. Outro autónomo da provincia é o adxudicatario destas actuacións, que contan con 28.256 euros.

24 zonas de actuación
A roza é mecánica e manual, é dicir, non se emprega ningún tipo de axente químico a diferenza doutras administracións, co obxectivo de protexer e respectar o medio ambiente. Os máis de 4.200 quilómetros de vías tradúcense en 8.400 quilómetros nos que se levará a cabo a roza (ambas as marxes viarias).

As estradas da rede viarias dividiuse nas seguintes zonas, nas que actuarán 24 autónomos e PEMES lucenses, executando o Plan de Roza, dotado de 800.000 euros:

Zona 1: Vicedo, Viveiro, Xove, Xermade e Ourol.
Zona 2: Burela, Foz, Cervo, O Valadouro e Alfoz.
Zona 3: Muras, Xermade e Vilalba.
Zona 4: Barreiros, Ribadeo, Trabada e Lourenzá.
Zona 5: Mondoñedo e Abadín.
Zona 6: A Pontenova, Riotorto e Pastoriza.
Zona 7: Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei, Guitiriz e Begonte.
Zona 8: Castro de Rei, Pol e Meira.
Zona 9:  Lugo e Guntín.
Zona 10: Castroverde e o Corgo.
Zona 11: Friol.
Zona 12: Baleira, Baralla e Láncara.
Zona 13: Ribeira de Piquín e a Fonsagrada.
Zona 14: Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.
Zona 15: Becerreá e As Nogais.
Zona 16: Cervantes e Pedrafita do Cebreiro.
Zona 17: Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín e Palas de Rei.
Zona 18: Páramo, Paradela e Sarria.
Zona 19: O Incio, Triacastela e Samos.
Zona 20: Taboada e O Saviñao.
Zona 21: Chantada e Carballedo.
Zona 22: Folgoso de Courel, Quiroga e Ribas de Sil.
Zona 23: Bóveda, Pobra do Brollón e Monforte de Lemos.
Zona 24: Pantón e Sober.