Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación mellorará con 750.000 euros 35 accesos públicos a núcleos rurais da provincia

- O Deputado de Medio Rural avanzou que o Executivo Provincial aprobará mañá na Xunta de Goberno estas actuacións, que se inclúen no Plan de Mellora de Infraestruturas e Equipamento do medio rural, dirixidos a colectivos da provincia
- Rodríguez Ónega destacou que “con estas axudas buscamos contribuír á igualdade de oportunidades, vivas onde vivas, defendendo a vida no rural, dende unha Deputación coas persoas e rural, como sempre defende o Presidente”
- Son 7 obras en accesos a núcleos rurais da Mariña, 11 da Terra Chá, 9 da Comarca de Lugo, 12 de Sarria, 4 da Ulloa, 18 da Montaña e 10 de Lemos e Chantada (Apúntase a distribución das 35 obras por zona e concello, así como a listaxe de colectivos beneficiados)

O Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, avanzou este venres que o Executivo da Deputación aprobará mañá na Xunta de Goberno Provincial melloras en 35 accesos doutros tantos núcleos rurais de provincia con 750.000 euros. Rodríguez Ónega explicou que este orzamento é do Plan de Mellora de Infraestruturas e Equipamentos do medio rural, que contempla varias liñas de actuación, e que está dirixido a asociacións e comunidades de montes dos 67 Concellos.

Fíxoo nunha visita a Tirimol, parroquia do Concello de Lugo, onde supervisou o resultados das obras no campo público de Seivane, que consistiron no arranxo dos accesos e deste propio espazo. Precisamente, estas actuacións enmárcanse na anterior convocatoria de dita programación, que “busca contribuír á igualdade de oportunidades, vivas onde vivas, defendendo a vida no rural, dende unha Deputación coas persoas e rural, como sempre defende o Presidente”.

As 35 obras de mellora, noutros tantos accesos a núcleos rurais e por valor de 750.000 euros, levaranse a cabo nos 35 Concellos aos que pertencen os colectivos veciñais que resultaron beneficiados desta programación, que foi en réxime de concorrencia competitiva, é dicir, aberta a todos as asociacións da provincia. As axudas son dun máximo de 12.000 euros. Permitirán, por exemplo, a rehabilitación de camiños, reafirmado de accesos a montes ou a fincas agroforestais. O Goberno da Deputación ofrece aos colectivos un anticipo do 95% da axuda que lle corresponde.

Distribución das obras por zona
Son 7 obras en núcleos rurais doutros 7 Concellos da Mariña por valor de 63.000 euros; 11 en 6 Concellos da Terra Chá de 126.000 euros; 9 en 4 Concellos da Comarca de Lugo de 95.000 euros; 12 en 4 Concellos da Comarca de Sarria de 131.000 euros; 4 nun Concellos da Ulloa de 38.000 euros; 18 en 7 Concellos da Montaña de 195.000 euros; e 10 en 6 Concellos das Comarcas de Chantada e Lemos de 102.000 euros.

Colectivos beneficiados por Concellos
Na Mariña: realizaranse 7 obras, por valor de 63.000 euros, de mellora de accesos a núcleos rurais de Riotorto, A Pontenova, Trabada, Barreiros, Foz, Mondoñedo e Alfoz.

  • Riotorto: 1 axuda de 5.101 euros á Agrupación Veciñal de Galgos para a mellora de accesos ao núcleo de poboación de Galegos.
  • A Pontenova: 1 axuda de 12.000 euros á Asociación de Veciños de Vilaouruz para mellora do camiño de Vilaouruz a San Estebo.
  • Trabada: 1 axuda de 12.000 euros ao monte veciñal el man común de Villapena para o desbroce e a mellora de camiños rurais e forestais en acceso a parcelas.
  • Barreiros: 1 axuda de 6.672 euros á Asociación de Veciños de San Cosme de Barreiros para o acondicionamento do camiño do Caxigal.
  • Foz: 1 axuda de 6.672 euros á Asociación de Veciños San Xoan de Villaronte para o acondicionamento do camiño do Cemiterio.
  • Mondoñedo: 1 axuda de 7.273 euros ao colectivo de usuarios de Conzado, en Maariz, para melloras nos accesos ás vivendas a Maariz.
  • Alfoz: 1 axuda de 11.965 euros a Asociación de Veciños de San Vicente de Lagoa para o acondicionamento do camiño da Lagoa

Na Terra Chá: realizaranse 11 obras, por valor de 126.000 euros, de mellora de accesos a núcleos rurais de Pol, Meira, A Pastoriza, Abadín, Vilalba e Xermade.

  • Pol: son 3 axudas por valor de 28.252 euros. 1 de 11.762 euros á Asociación de Veciños Castro de Hermunde para o acondicionamento do camiño en Castro Hermunde; outra de 12.000 euros á Asociación Recreativa e Cultural Monciro para o acondicionamento do camiño en Vigo-Suegos; e outra de 4.490 euros á Asociación de Luaces O Codeseiro para mellora do camiño en Porto da Valiña.           
  • Meira: son 4 axudas por valor de 47.998 euros. 1 de 12.000 euros á Agrupación Veciñal de o Vilar da Corota para melloras no camiño do Vilar da Corota á Granda; 1 de 12.000 euros á Agrupación Veciñal de Cabana para melloras no camiño de Cabana a Pastizales da Serra de Meira; 1 de 12.000 euros á Agrupación de Veciños A Granda para o afirmado do camiño de Granda a Sebe de Abades; e outra de 11.998 euros á Agrupación Veciñal da Loureira para a mellora do camiño do Souto.
  • A Pastoriza: 1 axuda de 11.981 euros á Agrupación de Veciños de Fitoiro e Quintela para o arranxa ao camiño de acceso ao lugar de Fitoiro.
  • Abadín: 1 axuda de 12.000 euros á asociación de veciños da Graña para o arranxo do camiño na Graña.
  • Vilalba: 1 axuda de 12.000 euros á Asociación de Veciños Insua Zoqueira para o arranxo de camiños de Vilar de Subrepozo.
  • Xermade: 1 axuda de 12.000 euros á Asociación Amuraxe para a mellora do camiño.

Na Comarca de Lugo: realizaranse 9 obras, por valor de 95.000 euros, de mellora de accesos a núcleos rurais de Castroverde, O Corgo, Friol e Guntín.

  • Castroverde: son 2 axudas por valor de 23.952 euros. 1 de 12.000 euros á Agrupación de Veciños Camiño do Val para o acondicionamento do camiño do Val, e outra de 11.952 euros ao monte veciñal Sierra de Mirandela, Paleira, Arriba de Salvaranes e Caxigueira, para a mellorar  2 pistas agroforestais en Mirandela
  • O Corgo: son 3 axudas por valor de 21.133 euros. 1 de 11.811 euros á agrupación de Jóvenes Ganaderos Sabarei para melloras no camiño; 1 de 4.441,23 á Asociación de Veciños O Pataludo de Quinte para melloras no camiños das Cruces e de Leiras, e outra de 4.881 euros á Asociación Veciños de Adai para o arranxo de camiños das Campas.
  • Friol: 1 axuda de 12.000 euros á Asociación de Veciños Racamonde para o arranxo do camiño Muíño da Veiga
  • Guntín: son 3 axudas por valor de 35.957 euros. 1 de 12.000 euros á Agrupación de Veciños de Vilamea-Trastulfe para o arranxo do camiño de Vilameá-Trastulfe, 1 de 12.000 euros á Asociación de Veciños San Estaban de la Mota para o arranxo da pista de entrada Cima de Vila, e outra de 11.957 euros á comunidade de monte veciñal en man común de Vilamaior de Negral para melloras nas pistas en Vilamaior de Negral.

Na comarca de Sarria: realizaranse 12 obras, por valor de 131.000 euros, de mellora de accesos a núcleos rurais do Incio, Láncara, Paradela e Triacastela.

  • O Incio: son de 6 axudas por valor de 59.328 euros. 1 de 4.972 euros á comunidade de monte veciñal en man común Mayor e Adrao para melloras no acceso ao lugar de Castelo; 1 de 11.950 euros á Agrupación de Veciños de Laiosa para a mellora e mantemento do acceso a Laiosa; 1 de 6.989 euros á Agrupación de Veciños de San Xoan de Noceda para a mellora de accesos a fincas agrogandeiras no lugar de Son; 1 de 11.554 euros á Asociación de Veciños do lugar de Trascastro para melloras no camiño de Trascastro; 1 de 11.884 euros á comunidade de monte veciñal en man común de Vilasouto para melloras en pistas de Vilasouto; e 1 de 11.979 euros á Agrupación de Veciños de Pacios para a mellora de accesos entre Pacios e Vilameá.
  • Láncara: 1 axuda de 11.979 euros á comunidade de monte veciñal en man común Airexe, Cabezais, Pacio e Vilouzan para melloras no camiño Tralo Val.
  • Paradela: son 3 axudas de 33.732 euros. 1 de 9.818 euros á Asociación de Veciños de San Vicente para o acondicionamento do camiño rural; 1 de 11.922 euros á asociación de veciños de Cerxedo para o arranxo do camiño rural; e outra de 11.992 euros á comunidade de monte veciñal en man común Montes Bosque, Sierra Laguela, Gandaron e Cabaleirón para mellora en camiños.
  • Triacastela: son  2 axudas de 24.000 euros. 1 de 12.000 á Agrupación de Veciños de Teixo e o Castiñeiro para melloras no camiño de Valtransido, e outra de 12.000 euros á agrupación de veciños de Lamas, Lagua e Teixo para a rehabilitación de camiños de accesos a fincas agrogandeiras no lugar de Lamas, Lagua e Teixo.

Comarca da Ulloa: realizaranse 4 obras, por valor de 38.000 euros, de mellora de accesos a núcleos rurais do Concello de Monterroso.

  • Monterroso 4: son 4 axudas por valor de 38.000 euros. 1 de 11.978 euros á Asociación de Agricultores Bispo de Monterroso para melloras no camiño de acceso ao núcleo rural; 1 de 12.000 euros á Asociación Río do Bao para o acondicionamento do Camiño a Lodoso, 1 de 11.998,18 á comunidade de monte veciñal en man común de Sambreixo para melloras en camiños de Sambreixo; e outra de 11.672 euros á Asociación de Veciños de Cumbraos para a rehabilitación no núcleo de Cumbraos.

Na Montaña: realizaranse 18 obras, por valor de 195.000 euros, de mellora de accesos a núcleos rurais de Baleira, A Fonsagrada, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro.

  • Baleira: 1 axuda de 4.942 euros á comunidade de monte veciñal en man común Sampayo para acondicionamento do camiño rural.
  • A Fonsagrada: son 3 axudas de 22.522 euros. 1 de 3.330 euros á agrupación de Veciños de Viladriz para melloras en camiños de Viladriz; 1 de 10.843 euros á asociación de veciños Castañoso-A Fonsagrada para melloras no acceso ao lugar de Castañoso, e outra de 8.349 euros á comunidade de monte veciñal en man común de Rellouso e Vilaron para melloras de camiños en Cuiñas.
  • Baralla: 1 axuda de 11.802 euros á agrupación de veciños de Leixocairo para a rehabilitación de camiños e accesos a fincas agrogandeiras no lugar de Lexocairo
  • Cervantes: 3 axudas de 35.959 euros. 1 de 11.993 euros á comunidade de monte veciñal en man común Xunquiñas para melloras no camiños de acceso ao núcleo Moreira; 1 de 11.990 euros á comunidade de monte veciñal en man común Vilaluz para melloras no camiño de acceso ao núcleo de Vilaluz; e outra de 11.976 euros á asociación de veciños Cabanas e Degrada para a posta en marcha dun muro de contención
  • Navia de Suarna: son 2 axudas por valor de 23.904 euros. 1 de 11.904 euros á comunidade de monte veciñal en man común de Murias para melloras en pistas de Murias, e outra de 12.000 euros á comunidade de monte veciñal en man común de Arcón para o arranxo de camiños de accesos a fincas agrogandeiras da comunidade de montes de Arcón
  • As Nogais: son 6 axudas por valor de 70.800 euros. 1 de 12.000 euros á Agrupación Veciñal de Tores e Quintela para o arranxo de camiños de Tore a Quintela, 1 de 12.000 euros á Agrupación de Veciños de Doncos para o arranxo do camiño entre dous barrios de Doncos, 1 de 11.840 euros á Agrupación de Veciños de Filloval para mellora do acceso principal a Filloval, 1 de 11.989 euros á Agrupación de Veciños de A Pía e Ferreiras para a mellora do camiño entre A Pia e Ferreiras; 1 de 10.989 euros á Agrupación de Veciños do Castelo para o arranxo de camiños, muros e valados en Castelo; e outra de 11.987 euros á comunidade de monte veciñal en man común A Serriña para o arranxo de camiños. 
  • Pedrafita do Cebreiro: 2 axudas por valor de 24.000 euros. 1 de 12.000 euros á Asociación de Veciños de O Seixo-Chao da Vella, e outra de 12.000 euros á comunidade de monte veciñal en man común de Louzarela, para o acondicionamento e mellora de camiños de uso agrario en núcleos de Louzarela.

Lemos e Chantada: realizaranse 10 obras, por valor de 102.000 euros, de mellora de accesos a núcleos rurais de Bóveda, Monforte de Lemos, O Saviñao, Sober, Quiroga e Chantada.

  • Bóveda: 1 axuda de 11.542,95 á comunidade de monte veciñal en man común da parroquia de Ver para mellora do camiño á igrexa da parroquia.
  • Monforte de Lemos: 2 axudas de 23.913 euros. 1 de 11.936 euros á Asociación de Veciños de Caneda Fontealbar para adecuación de camiños de Aradelas, e outra de 11.977 euros á comunidade de monte veciñal en man común de Distriz para melloras en accesos aos núcleos rurais de Distriz e A Vide.
  • O Saviñao: 1 axuda de 11.902 euros á asociación de viticultores O Saviñao para melloras no firme do camiño en Bexan.
  • Sober: 3 axudas por valor de 28.810 euros. 1 axuda de 11.999 euros á Asociación de Veciños Santo Estebo para melloras no camiño entre Cegoñeira-Mogueira; 1 de 11.959 euros á asociación de veciños Ermita de San Maura para a pavimentación do acceso ao núcleo rural de Doade, e outra de 4.852,13 á asociación de veciños da parroquia de San Martiño para o arranxo dun camiño na parroquia.
  • Quiroga: son 2 axudas por valor de 12.232 euros. 1 de 5.513 euros á Asociación de Veciños de Margaride para melloras no camiño das Covas do Medo, e 1 de 6.719 euros á Asociación de Veciños de Movaes e Sequeiros para melloras no acceso á fonte de Movaes.
  • Chantada: 1 axuda de 11.999 euros á Agrupación de Usuarios do camiño de Nogueira para a reparación do acceso peonil ás explotación vinícolas en Nogueira de Abaixo.