Deputación de Lugo

Deputación e Breogán provomen a adopción de animais coa súa visita á Protectora

A Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, xunto ao adestrador do CB Breogán, Natxo Lezkano e varios xogadores do equipo celeste, mantivo un encontro este luns co​n membros da Protectora de Animais e Prantas de Lugo. Esta ​iniciativa, enmarcada dentro do contrato de patrocinio asinado polo organismo provincial e o club de baloncesto, ​tivo como obxectivo promover a adopción de animais, minimizar o número de abandonos e combater o maltrato animal na provincia de Lugo. A Protectora de Animais e Prantas de Lugo conta con máis de 300 animais abandonados nas súas instalacións, entre cans e gatos; e no que atinxe ao 2016 rescatou un total de 1.097 animais, e realizou 640 adopcións.