Deputación de Lugo

Preto de 800 persoas poderán participar nas actividades medioambientais gratuítas da Deputación

- Trátase da programación de actividades do segundo trimestre do Centro de Interpretación Terras do Miño, deseñadas para todas as idades - Curso de enxerto; obradoiro de preparados medicinais para ó horto; xornada de limpeza solidaria de bosques ou investigamos e creamos estrelas son só algunha das actividades que se ofrecerán durante os vindeiros meses - O prazo de inscrición ábrese mañá en www.deputacionlugo.gal. Máis información en 982 22 78 12

O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou este mércores a nova programación de actividades medioambientais e gratuítas que ofrece a Deputación a través de Terras do Miño. Son as actividades incluídas dentro do segundo trimestre do Centro de Interpretación nas que poderán participar preto de 800 persoas de todas as idades. O prazo de inscrición abre mañá en www.deputacionlugo.gal. Máis información en 982 22 78 12.

Fernández Queipo subliñou que “a través desta programación, fomentamos o estudo da riqueza natural e patrimonial da nosa provincia, ao tempo que impulsamos as prácticas responsables co medio ambiente”.

O Deputado afirmou tamén que esta iniciativa ofrécelle aos cidadáns “unha alternativa lúdica e formativa a custe cero”, avanzando que a Deputación seguirá incentivando proxectos como este, que, “ademais de servirlle ós veciños como alternativa de ocio, pon de manifesto a riqueza medioambiental da nosa provincia”.

Programación de actividades
O Goberno da Deputación decidiu ofrecer un total de 23 actividades entre as que se atopan obradoiros deseñados para adultos, nenos e familias. A programación é a seguinte:

ACTIVIDADES PARA ADULTOS
Abril
1 de abril.- Curso de enxerto, impartido por Marcos Besada Álvarez. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

6 e 8 de abril.- Planificación do horto primavera-verán, impartido por Carlos Brea. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, o día 6 nun horario de 19:00 a 21:00 horas, e o 8 de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 24 prazas.

29 de abril.- Obradoiro de preparados medicinais para ó horto, impartido por Milhulloa. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

Maio
6 de maio.- Multiplicación vexetativa de especies leñosas, impartido por Javier Pereira-Espinel. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 11:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

13 de maio.- Obradoiro deshidratado de froitas, hortalizas e aromáticas, impartido por Mihulloa. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

ACTIVIDADES PARA FAMILIAS
Abril
22 de abril.- Xornada de limpeza solidaria de bosques, impartido por Sociedade Micolóxica Lucus. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 13:30 horas. Hai un total de 30 prazas.

Maio
20 de maio.- Paseo botánico pola reserva da biosfera terras do Miño: ruta do campus, impartido por Javier Pereira-Espinel. A actividade arrancará da cafetería As Pedreiras ás 11:00 horas. Hai un total de 30 prazas.

27 de maio.- Curso de iniciación á fauna e flora da reserva da biosfera terras do Miño, impartido por Gustavo Martínez Lamas. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

Xuño
10 e 11 de xuño.- O sisón na reserva na reserva da biosfera Terras do Miño. Ave do ano 2017, impartido por Gustavo Martínez Lamas. O día 10, celebrarase no C.I. Terras do Miño e o 11, no C.I. Lagoa de Cospeito, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

ACTIVIDADES INFANTÍS
Abril
10 de abril.- “Obradoiro da natureza”, impartido por Equal. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

11 de abril.- Obradoiro “Paseo estacional”, impartido por Equal. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

12 de abril.- “Obradoiro de pasta”, impartido por Equal. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.

Xuño
3 de xuño.- “O extraordinario inventario da natureza”,  contacontos que se celebrará no Salón de Actos da Deputación de Lugo. A primeira función será as 11:00 horas e a segunda ás 12:30. Hai un total de 70 prazas.

4 de xuño.- “Merenda con pan de millo”, contacontos que se celebrará no Salón de Actos da Deputación de Lugo.  A primeira función será as 11:00 horas e a segunda ás 12:30. Hai un total de 100 prazas

17 de xuño.- Obradoiro “Día mundial contra a seguía”, impartido por Enigma. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 13:30 horas. Hai un total de 20 prazas.

26 de xuño.- Obradoiro “Descubrimos os poderes do sol”, impartido por Enigma. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 13:30 horas. Hai un total de 20 prazas.

27 de xuño.- Obradoiro “Coñecemos a lúa”, impartido por Enigma. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 13:30 horas. Hai un total de 20 prazas.

28 de xuño.- Obradoiro “investigamos e creamos estrelas”, impartido por Enigma. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 13:30 horas. Hai un total de 20 prazas.

29 de xuño.- Obradoiro “Artistas do noso sistema solar” impartido por Enigma. Celebrarase no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 13:30 horas. Hai un total de 20 prazas.

PROGRAMACIÓN ESPECIAL
3 e 4 de xuño.- Día internacional do medio ambiente,  coordinado por Ouvirmos. O día 3, terá lugar a proxección do documental e coloquio En todas as mans, nun horario de 11:30 a 13:30 horas, no C.I. Terras do Miño. Hai un total de 40 prazas. Pola tarde, de 18:00 a 20:00 horas, será o coloquio  “Novas formas de consumo enerxético” ,no que tamén hai 40 prazas.

O día 4 hai programado un “Paseo guiado e observatorio de aves polo Río Rato”, que arranca do C.I. Terras do Miño, nun horario de 11:30 a 13:30 horas. Hai un total de 40 prazas.