Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación promociona o traballo de Paco Pestana coa edición do catálogo Poesía y Escombros

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, mantivo este venres no Pazo de San Marcos un encontro co artista lucense Paco Pestana, e cos coordinadores portugueses do proxecto, Víctor Monteiro e Pedro Silva. O Executivo Provincial colabora co Instituto Politécnico de Viana do Castelo coa edición do catálogo da colección do artista multidisciplinar Poesías y Escombros para a promoción e difusión da obra do artista por toda a provincia. A mostra do veciño de Castroverde, que está exposta ata o 30 de agosto no Instituto Politécnico de Viana do Castelo en Portugal,  está composta por esculturas, ilustracións e poemas. Durante a reunión a Deputada de Cultura e os coordinadores da exposición aproveitaron para valorar futuras colaboracións entre o Goberno da Deputación e o Instituto Politécnico de Viana do Castelo.