Deputación de Lugo

A Praza de San Marcos acolle este venres o concerto de Mercedes Peón do Lugo Ágora Son da Deputación

- Trátase da iniciativa do Executivo Provincial, coa que colabora o Concello e Ditramotor, que ofrece un ciclo de concertos por distintos espazos da cidade
- A programación do Lugo Ágora Son conta cos lucenses Carta de Ajuste, o músico do Incio Vizcaíno, o grupo ferrolán Los Álcantara, e a coruñesa Mercedes Peón
 

A Praza de San Marcos acolle este venres ás 22:30 horas o concerto de Mercedes Peón do Lugo Ágora Son. Trátase da iniciativa do Goberno da Deputación, coa que colabora o Concello de Lugo e o Grupo Ditramotor, que ofrecen un ciclo de concertos, totalmente gratuítos, durante os meses de maio e xuño, por distintos espazos da capital da provincia.

O vindeiro venres a coruñesa Mercedes Peón realizará unha performance que combina música electrónica con instrumentos tradicionais. Música autodidacta, compositora, vocalista e produtora da súa propia obra, a artista ten editado catro discos de extenso recoñecemento internacional. Ademais é creadora de espazos sonoros para danza e documentais e foi Premio Nacional da Música no 2008.

Programación
O resto da programación musical que inclúe o Lugo Ágora Son da Deputación é a seguinte:

- O 7 de xullo ás 21:00 horas, na Praza Campo Castelo, terá lugar a actuación Do músico do Incio, Vizcaino, na que presentará o seu novo disco “Diáspora”. É un compositor de referencia en Galicia, a través do Pop-rock de autor.

- O 13 de xullo ás 21:00 horas, na Praza da Soidade, actuará o grupo ferrolán Los Álcantara, composto por Al Vila, Cabe, La super pota e Edu Rubiales. Realizarán versións de toda a historia da música española.