Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación colabora con Raizames, un encontro da cultura do viño da Ribeira Sacra

IRIA CASTRO
Raizames
Taboada

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Cultura, colabora co II Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra Raizames, que terá lugar esta fin de semana -do 10 ao 12 de maio- en Taboada. A deputada de Cultura Iria Castro participou na presentación desta cita que inclúe exposicións, proxeccións, rutas, encontros e concertos, ademais de actividades para os máis pequenos.

Castro destacou a importancia de “dar voz a estas actividades que conseguen poñer o foco na cultura e nas tradicións galegas e, neste caso, centradas na viticultura, un sector moi arraigado na Ribeira Sacra e no que participan moitas familias do sur da provincia”, e concluíu defendendo a aposta da área de Vicepresidencia “dentro do apoio que lle damos a entidades e concellos para levar a cabo iniciativas que promovan a cultura para as distintas xeracións e a acheguen aos concellos máis rurais”.

ol
Axenda completa
Venres 10 de maio

18.30h. Visita á exposición Fotografía Efímera “Paisaxe Humana”, paseo guiado co autor Abel Valdenebro (Rúas de Taboada)
19.30h. Acto de apertura na Casa Cuartel
20.00h. Proxección do documental “Os Guardiáns das Cepas” (Auditorio da Casa Cuartel) e Cata guiada (Casa da Cultura)
21.00 a 22.30h. Retrátate (exterior Casa da Cultura)

Sábado 11 de maio
10.00 a 13.30h. Ruta “Canta arte se agocha nunha cunca de viño” (Saída e regreso á Praza de Riazón)
12.00 a 16.00h. Espazo Atmósfera Viño (Praza de Riazón)
14.00h. Concerto Cachas&Cousins (Praza de Riazón)
17.00h. Encontro “Viños que coidan das cepas e a paisaxe (Praza de Bembibre)
18.00h. Espazo infantil “Vendimarte cativa”, con SororAs.gal (Praza de Riazón)
19.00 a 22.00h. Espazo Atmósfera Viño (Praza de Riazón)
21.00h. Concerto Pablo Sanmamed Trío (Praza de Riazón)
22.00h. Queima dunha Facha (Praza de Riazón)

Domingo 12 de maio
10.30h. Presentación do libro “Observación sobre a cultura do viño na Galiza” (Casa da Cultura)
12.00h.  Encontro “O viño, con nome de muller (Praza de Bembibre) e intervención artística de Eva Quiroga “Ama da Terra en movemento”
12.00 a 16.00h. Espazo Atmósfera Viño (Praza de Riazón)
14.00h. Danza Contemporábnea “Leira”, da Nova Galega de Danza (Praza de Riazón)