Deputación de Lugo

A Deputación inicia o pagamento das axudas do ano 2007 ás entidades deportivas

A xunta de goberno aprobou a execución do pago dun total de 79.260 euros a 16 entidades e clubes deportivos

A Vicepresidenta terceira da Deputación, Mª Xosé Vega, deu conta do acordo tomado pola xunta de goberno, celebrada hoxe, para a execución do pagamento de axudas a clubes e entidades deportivas, correspondentes á convocatoria do ano 2007. Neste acordo aprobouse aboar a dezaseis entidades e clubes deportivos un total de 79.260 €. Este será o primeiro pago que se realice ás preto de 160 entidades deportivas que solicitaron e xustificaron debidamente as axudas no ano 2007. Segundo explicou a vicepresidenta terceira “estas axudas foron concedidas polo actual equipo de goberno, coas bases herdadas do anterior goberno, e tentouse utilizar criterios que non perxudicaran a ningún dos beneficiarios”. María Xosé Vega anunciou tamén que en breve serán presentadas as bases que rexirán as axudas para o ano 2008. As entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas é o seguinte: Clube, Asociación ou AgrupaciónSubvenciónSOC GIMNASTICA COMERCIAL ESTUDIANTES4.200,00 €CLUB DEPORTIVO COSPEITO3.000,00 €SOCIEDAD DEPORTIVA CLUB DE CAMPO Y TIRO DE LUGO1.000,00 €AGRUPACIÓN DEPORTIVA VETERANOS DE COSPEITO600,00 €CLUB POLIDEPORTIVO CASAS7.440,00 €ASOCIACIÓN GITANA LUGO1.500,00 €ESCOLAS DEPORTIVAS TRABADA2.660,00 €CONCELLO DE TRABADA F. S.5.000,00 €CLUB FLUVIAL DE LUGO10.000,00 €ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZA10.000,00 €SOCIEDAD DEPORTIVA CULTURAL GARABOLOS3.000,00 €AGRUPACIÓN DEPORTIVA A GANDARA1.860,00 €CLUB DE TIRO REAL AEROCLUB DE LUGO4.000,00 €AGRUPACIÓN DEPORTIVA RESIDENCIA10.000,00 €CLUB HÍPICO EQUS5.000,00 €CLUB DEPORTIVO CALASANCIO10.000,00 €