A Deputación inicia o pagamento das axudas do ano 2007 ás entidades deportivas
![](/sites/deputacionlugo.org/files/Imagenes/0_3134_1.jpg)
A Vicepresidenta terceira da Deputación, Mª Xosé Vega, deu conta do acordo tomado pola xunta de goberno, celebrada hoxe, para a execución do pagamento de axudas a clubes e entidades deportivas, correspondentes á convocatoria do ano 2007. Neste acordo aprobouse aboar a dezaseis entidades e clubes deportivos un total de 79.260 . Este será o primeiro pago que se realice ás preto de 160 entidades deportivas que solicitaron e xustificaron debidamente as axudas no ano 2007. Segundo explicou a vicepresidenta terceira estas axudas foron concedidas polo actual equipo de goberno, coas bases herdadas do anterior goberno, e tentouse utilizar criterios que non perxudicaran a ningún dos beneficiarios. María Xosé Vega anunciou tamén que en breve serán presentadas as bases que rexirán as axudas para o ano 2008. As entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas é o seguinte: Clube, Asociación ou AgrupaciónSubvenciónSOC GIMNASTICA COMERCIAL ESTUDIANTES4.200,00 CLUB DEPORTIVO COSPEITO3.000,00 SOCIEDAD DEPORTIVA CLUB DE CAMPO Y TIRO DE LUGO1.000,00 AGRUPACIÓN DEPORTIVA VETERANOS DE COSPEITO600,00 CLUB POLIDEPORTIVO CASAS7.440,00 ASOCIACIÓN GITANA LUGO1.500,00 ESCOLAS DEPORTIVAS TRABADA2.660,00 CONCELLO DE TRABADA F. S.5.000,00 CLUB FLUVIAL DE LUGO10.000,00 ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZA10.000,00 SOCIEDAD DEPORTIVA CULTURAL GARABOLOS3.000,00 AGRUPACIÓN DEPORTIVA A GANDARA1.860,00 CLUB DE TIRO REAL AEROCLUB DE LUGO4.000,00 AGRUPACIÓN DEPORTIVA RESIDENCIA10.000,00 CLUB HÍPICO EQUS5.000,00 CLUB DEPORTIVO CALASANCIO10.000,00