A Deputación de Lugo destina 153 millóns de euros para cumprir co pasado sen hipotecar o futuro
![](/sites/deputacionlugo.org/files/Imagenes/0_3194_1.jpg)
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este xoves en rolda de prensa os primeiros Presupostos da institución provincial elaborados polo novo equipo de goberno. Gómez Besteiro avanzou que o orzamento consolidado da Deputación de Lugo, é dicir, a suma da propia entidade e dos organismos que dela dependen, ascende a 153.691.255 euros. O Presuposto da propia Deputación de Lugo é, nivelado en gastos e ingresos, de 119.413.252,24 euros, o que representa un incremento do 8,92% respecto ó do ano anterior. Por tanto, moi por enriba da suba do IPC. No encontro cos medios de comunicación, no que tamén participaron o Vicepresidente Primeiro, Antón Bao, e a Deputada da Área de Economía, Regina Polín, o máximo responsable provincial afirmou que o compromiso co pasado, o cumprimento co presente e co futuro e a transparencia impresa en todas as accións de goberno, definen a esencia do presente Orzamento. Todo se resume nunha franse: cumprimos co pasado sen hipotecar o futuro. Cumprimento dos compromisos Gómez Besteiro destacou que nestes Presupostos soubemos respostar ás débedas históricas desta provincia, cumprindo fielmente os compromisos programáticos que asinamos ó principio deste mandato PSOE e BNG, pero sen hipotecar as novas políticas e xestións que necesitan os 356.000 habitantes que compoñen esta provincia. Segundo anunciou o titular da Deputación, todo o Orzamento terá un fío condutor que tamén está traducido a cifras. Lembrou a redacción do Plan Estratéxico Provincial e a confección da actualización da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais (EIEL), que servirán ós que gobernamos na Deputación e en todos os Concellos para planificar, co que se converte nunha ferramenta moi eficaz. O Presidente da Deputación afirmou que os acordos programáticos cos que comezou a súa andaina este equipo de goberno marcan este Orzamento que cumpre varias liñas. A primeira das apuntadas por Gómez Besteiro é o cumprimento das débedas históricas. O primeiro Orzamento deste equipo de goberno tiña que respostar ás débedas que historicamente viñamos reclamando. Neste senso, destacou o pago do canon hidroeléctrico de Chantada (3.053.573,38) e outros Concellos afectados (2.032.958,79), a posta en marcha da rede provincial de parques de bombeiros (3.501.000), así como a creación do centro da UNED en Lugo (260.000 ). Relación cos Concellos O segundo eixo sobre o que xira o Orzamento de 2008 é o inicio dunha relación democrática cos Concellos da provincia. O titular da Deputación dixo que establecemos por vez primeira unha relación cos Concellos da provincia sen tutelas, recoñecéndoos como administracións responsables e autónomas, afondando na cooperación con eles desde as diferentes áreas desta Deputación, asistíndoos técnica, xurídica e economicamente nas liñas de traballo. Polo que respecta a este punto, a Deputada da Área de Economía, Regina Polín, dixo que primamos o principio de corresponsabilidade, como quedou de manifesto nos novos criterios obxectivos aprobados para o Plan Provincial de Obras e Servizos (POS) do 2008, incluíndo o do esforzo fiscal por habitante. Ó mesmo tempo, todos os Concellos da provincia reciben un mínimo de 18.000, garantindo deste modo o principio de solidariedade. A responsable provincial de Economía tamén destacou como referente destes Presupostos a cooperación coas entidades locais. Segundo apuntou, os Concellos, as asociacións e outros entes sen ánimo de lucro recibirán axudas e investimentos das distintas áreas. Serán investimentos reais que beneficiarán directamente ós veciños desta provincia, apuntou Regina Polín. Puxo como exemplos o Plan de Obras e Servicios (7.054.845,63 ); o Plan de Cooperación con Comunidades Veciñais (2.200.000 ); o Plan de Compostaxe (250.000 ); as transferencias a Concellos para pequenas infraestruturas e servizos nas parroquias (700.000); os convenios para desbroces (221.000 ); a potenciación do parque móbil provincial en favor do desenvolvemento das infraestruturas municipais (1.082.000 ); os fondos para o benestar social nos Concellos (1.400.000 ) e para asociacións e entidades sen ánimo de lucro (748.704 ); a actualización da EIEL (331.000 ); a sinalización de queixerías industriais e outras industrias agroalimentarias (220.000 ); as sinalizacións turísticas (150.000 ), os convenios turísticos cos Concellos (294.300) e asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia turística (324.000); as aportacións en materia de xuventude (140.000 ); os fondos para Concellos en materia deportiva (1.085.000 ) e para asociacións ou entidades sen ánimo de lucro (903.000 ); as aportacións en materia de cultura para os Concellos (250.000 ) e para asociacións ou entidades sen ánimo de lucro (150.000 ). Modernización das Administracións Locais Outra das liñas estretéxicas destacadas por Regina Polín na relación cos Concellos é a modernización das administracións locais da provincia. Neste senso subliñou que a posta en marcha do novo sistema de recadación (245.000 ) ou a mellora da xestión e actualización do IBI nos Concellos (220.000 ) están redundando na posta ó día das administracións locais da provincia. O Orzamento inclúe unha partida de 297.922,80 para a modernización das administracións locais que lles permiten establecer un servizo de intranet e extranet coa Deputación. Para o programa RED.ES destínanse preto de 200.000 . Polín dixo que para o equipo de goberno tamén é moi importante a relación con Lugo capital. Neste senso, Regina Polín anunciou que o Orzamento recolle por vez primeira as novas liñas de traballo co Concello de Lugo, capital da provincia e municipio onde se asenta a sede provincial. Están enmarcadas no proxecto URBAN, que ten unha anualidade de 500.000 . Pero ademais, tanto o Gómez Besteiro como Regina Polín destaron que se respetan os anteriores convenios de colaboración subscritos cos Concellos (2.500.000 ). Innovación e persoal Outro dos piares destes Presupostos destacado polo Presidente provincial é a aposta pola innovación a través do programas europeos. Ademais dos tramitados a través do INLUDES, a busca de novas vías financieiras da Unión Europea está plasmada neste Orzamento: LugO2, programa de marcado carácter medioambiental (2.153.333 ), e o programa cultural A Lus do Candil (164.750 ). A Deputación Provincial tamén aumenta as partidas orzamentarias destinadas ó INLUDES e a SUPLUSA, reforzando o seu papel no desenvolvemento social, económico-industrial e medioambiental desta provincia. SUPLUSA recibe neste Orzamento 2.770.000 (o ano anterior tiña á súa disposición 2.263.000 ) e o INLUDES 9.724.544,60 (o ano anterior sumaba 7.270.678,32). José Ramón Gómez Besteiro dixo que os Presupostos plasman a nova forma de entender a relación da Deputacion co seu persoal, presidida polo diálogo e a participación social, a transparencia e polo consenso en materia de recursos humanos. Estase abordando o proceso de funcionarización que permitirá, ó mesmo tempo, desbloquear a carreira administrativa e a promoción profesional; e a regularización da situación do persoal dos Centros de San Rafael e Hospital de San José, cara a integración no SERGAS, obxectivo prioritario deste equipo de goberno. Capítulo de ingresos Polo que se refire ós ingresos os conceptos máis relevantes son a participación nos tributos do Estado por un valor superior ós 74 millóns de euros, a cesión de impostos cunha suma próxima ós 9 millóns de euros, taxas e outros ingresos por un valor de 17 millóns de euros que inclúen a aportación do SERGAS ó hospital San Rafael-, a participación nas apostas deportivas por 440.000 euros, os proxectos europeos por un importe de 1.622.658 euros, os xuros de depósitos por 3.450.000 euros, as aportacións do Estado e dos Concellos para o POS 2008 que suman 4.960.173,60 euros e a operación de crédito a longo prazo por 8 millóns de euros.