Cuádrigas e e-clyclopes tecnolóxicos promocionan no Arde Lucus a administración electrónica da Deputación
Sortearanse regalos tecnolóxicos, entre os que destacan pen drives que representan as chaves da Deputación como exemplo de que coa administración electrónica o organismo provincial estará aberto as 24 horas e os 365 días A aula-barco, pioneira en España e coa que a Deputación reividica a costa lucense e a o medio ambiente como promoción económica, permanecerá dende hoxe ata o tres de xullo na Praza do Seminario A Deputación completa a programación prevista para o Arde Lucus 2010 con dúas pioneiras iniciativas: o Barco Muralla de Lugo e o Campamento eco-tecno-lóxico, situados ambos os dous na Praza do Seminario. Polo que se refire ó último caso, trátase de promocionar a campaña Km@ Deputación de Lugo, enmarcada no programa Innova-TE, programa cofinanciado nun 70% por fondos FEDER, e coa que o organismo provincial dá a coñecer ás miles de persoas que visitarán Lugo esta fin de semana o programa que garante a implantación da administración electrónica nos Concellos da provincia en menos dun ano. Neste senso, tres equipos de gladiadores cabalgarán sobre vehículos personalizados como bigas romanas, transmitindo mensaxes a todos a todos os lucenses da rendibilidade da administración sen papeis. Asimesmo, 3 equipos de e-Cyclopes tamén percorrerán as rúas da cidade. Son humanos con pantallas televisivas que informarán á poboación e proxectarán vídeos da eadministración realizados polos alumnos da Fundación TIC, dependente do organismo provincial. Obradoiros de fotografías e sorteos tecnolóxicos O domingo ó longo de todo o día levaranse a cabo obradoiros de fotografías dixitais para facer a súa holografia personalizada, así como sorteos tecnolóxicos de ebooks (lectores de libros electrónicos), netbooks (ordenador portátil de baixo custe e reducidas dimensións, que permite ter unha maior mobilidade e autonomía), e lectores de DNI electrónicos, ademais de pen drives en forma de chave que, en representación de que coa eadministración a Deputación estará aberta as 24 horas e os 365 días do ano. Para participar, os romanos, celtas e outros pobos do Imperio terán que cubrir os datos e introducilos na urna do Senado que estarán no campamento eco-tecno-lóxico. A entrega de premios, que correrá a cargo do Presidente da Deputación, realizarase a partir das 19:00 horas. A carpa do campamento contará na entrada con dúas antorchas para dar a benvida ós visitantes. Os espacios interiores estarán ambientados con telas vermellas e brancas e, nos espaios interiores, faranse bodegóns con oleiría antiga, imitando a empregada polos romanos. Barco Muralla de Lugo O Barco Muralla de Lugo é a segunda iniciativa da programación da Deputación para os festexos deste ano. A embarcación, que foi presentada este mércores en Foz e apadriñada polo Secretario de Estado do Ministerio de Política Territorial, Gaspar Zarrías, permanecerá dende hoxe ata o tres de xullo na Praza do Seminario. Deste xeito, a Deputación completa toda a programación posta en marcha para celebrar os dez anos da distinción da UNESCO: a Gala Muralla Moda 2010, o Concurso Nacional de Curtas e Maquetas da Fundación TIC, o programa Lugoteando e agora esta aula-barco. Ademais do Barco, incluído dentro da liña de actuación do programa Lug02, dotada con 950.000 euros e co-financiada ó 70% pola Unión Europea, a Deputación tamén promociona o medio ambiente da provincia con informadores medioambientais móbiles que se desprazan en furgonetas por toda a provincia. A este respecto, estes efectivos xa atenderon a máis de 2.000 persoas e percorreron 12.225 quilómetros ó longo e ancho da provincia nestas semanas previas ó Arde Lucus.