Deputación de Lugo

Cuádrigas e e-clyclopes tecnolóxicos promocionan no Arde Lucus a administración electrónica da Deputación

Imaxe deputación de lugo
Ademais de co Campamento eco-tecno-lóxico, organismo provincial completa a programación prevista para a festa romana coa presenza do Barco Muralla de Lugo

Sortearanse regalos tecnolóxicos, entre os que destacan pen drives que representan “as chaves da Deputación” como exemplo de que coa administración electrónica o organismo provincial estará aberto as 24 horas e os 365 días A aula-barco, pioneira en España e coa que a Deputación reividica a costa lucense e a o medio ambiente como promoción económica, permanecerá dende hoxe ata o tres de xullo na Praza do Seminario A Deputación completa a programación prevista para o Arde Lucus 2010 con dúas pioneiras iniciativas: o Barco Muralla de Lugo e o Campamento eco-tecno-lóxico, situados ambos os dous na Praza do Seminario. Polo que se refire ó último caso, trátase de promocionar a campaña Km@ Deputación de Lugo, enmarcada no programa Innova-TE, programa cofinanciado nun 70% por fondos FEDER, e coa que o organismo provincial dá a coñecer ás miles de persoas que visitarán Lugo esta fin de semana o programa que garante a implantación da administración electrónica nos Concellos da provincia en menos dun ano. Neste senso, tres equipos de gladiadores cabalgarán sobre vehículos personalizados como bigas romanas, transmitindo mensaxes a todos a todos os lucenses da rendibilidade da administración sen papeis. Asimesmo, 3 equipos de “e-Cyclopes” tamén percorrerán as rúas da cidade. Son humanos con pantallas televisivas que informarán á poboación e proxectarán vídeos da eadministración realizados polos alumnos da Fundación TIC, dependente do organismo provincial. Obradoiros de fotografías e sorteos tecnolóxicos O domingo ó longo de todo o día levaranse a cabo obradoiros de fotografías dixitais para facer a súa holografia personalizada, así como sorteos tecnolóxicos de ebooks (lectores de libros electrónicos), netbooks (ordenador portátil de baixo custe e reducidas dimensións, que permite ter unha maior mobilidade e autonomía), e lectores de DNI electrónicos, ademais de pen drives en forma de chave que, en representación de que coa eadministración a Deputación estará aberta as 24 horas e os 365 días do ano. Para participar, os romanos, celtas e outros pobos do Imperio terán que cubrir os datos e introducilos na urna do Senado que estarán no campamento eco-tecno-lóxico. A entrega de premios, que correrá a cargo do Presidente da Deputación, realizarase a partir das 19:00 horas. A carpa do campamento contará na entrada con dúas antorchas para dar a benvida ós visitantes. Os espacios interiores estarán ambientados con telas vermellas e brancas e, nos espaios interiores, faranse bodegóns con oleiría antiga, imitando a empregada polos romanos. Barco Muralla de Lugo O Barco Muralla de Lugo é a segunda iniciativa da programación da Deputación para os festexos deste ano. A embarcación, que foi presentada este mércores en Foz e apadriñada polo Secretario de Estado do Ministerio de Política Territorial, Gaspar Zarrías, permanecerá dende hoxe ata o tres de xullo na Praza do Seminario. Deste xeito, a Deputación completa toda a programación posta en marcha para celebrar os dez anos da distinción da UNESCO: a Gala Muralla Moda 2010, o Concurso Nacional de Curtas e Maquetas da Fundación TIC, o programa Lugoteando e agora esta aula-barco. Ademais do Barco, incluído dentro da liña de actuación do programa Lug02, dotada con 950.000 euros e co-financiada ó 70% pola Unión Europea, a Deputación tamén promociona o medio ambiente da provincia con informadores medioambientais móbiles que se desprazan en furgonetas por toda a provincia. A este respecto, estes efectivos xa atenderon a máis de 2.000 persoas e percorreron 12.225 quilómetros ó longo e ancho da provincia nestas semanas previas ó Arde Lucus.