Vendidas máis da metade das entradas para a Gala Lvcvs Moda en só cinco días
![Imaxe deputación de lugo](/sites/deputacionlugo.org/files/default_images/depulugo001.jpg)
O poder de convocatoria da terceira edición da Gala Lvcvs Moda queda patente á vista do bo ritmo ó que os asistentes adquiren as súas entradas para tomar parte na gran cita da moda lucense. En apenas cinco días dende a presentación do evento que tivo lugar o pasado día 25 de abril, -hai que ter en conta que durante a tarde do sábado e o domingo os puntos de venda das mesmas permaneceron pechados-, máis de 250 persoas fixéronse con algunha das entradas dispoñibles. Así pois, todos os que queiran estar presentes no Círculo das Artes o vindeiro día 8 de maio ás 21:00 horas, terán que facerse con algunha das últimas entradas que están á venda, ó prezo de 20 euros, no Servizo de Protocolo da Deputación, en horario de mañá, e nos establecementos lucenses dos deseñadores que estarán presentes na Gala.
Unha Lvcvs Moda chea de sorpresas
Nos pasados días deuse a coñecer que o periodista e presentador lucense Liborio García será o encargado de presentar unha Gala que conta coa participación directa de máis de 100 profesionais, os cales farán posible que este evento repita o éxito de asistencia e seguimento nos medios que tivo as pasadas edicións e que sitou a Lugo no mapa español da moda e do deseño.
Manuel Bolaño, Luis Areñas para Manuela López, Sara Lage e Maru Calderón, Inpe&Sons e Montse Arias; as creacións artesanais de Beatriz Valín e Chicha Lombao; Carmen López; Cecilia Carballo; Idoia Cuesta; Jara Rodríguez; María Rodríguez; Miguel Caamaño; Obradoiro de Adolfo Domínguez; Pilar Rodríguez; Paula Dimé; Ramón Álvarez; Ramón Lleó; Noela Feal; Vidal Revilla; e Yanllan (formada por Yolanda e Laura Luz Álvarez Nieto). As 10 perruqueríasm presentes Aluma, Attelier, Benjamín, Doana, Eduardo Souto, Galagroup, Mohama, Mönet, Pilar e René Velasco. 21 colaboradores: IES Muralla Romana; Conservatorio Profesional de Danza; restaurantes España, Mesón de Alberto e Koki García; hoteis Ciudad de Lugo e Méndez Núñez; Guillermo Fajardo, personal shopper para Adamascada; Rochas; Caramelo; Anna de Amigo; Modesto Santa Eularia; Cuplé; Senén; Ramón Rebolo; Dick&Paul; Messalina; Torques; Depidel e Porta Castelli. 33 grupos musicais lucenses que porán a banda sonora: Alberto Busto, Blö, Brea Sound System, Bristol, David Taboado & ASOC, High Sky, Mentirosos, Mullet, Zinc So!, Aro Arrhythmia, Atup-Lekar, Janies Gun, Lastway, Meskalina, Moondogs Blues Party, Pants off. Psicodelepsia, Ripper Ground, Sally the Aracnophobic, Shattered Mirror, Xenro, Airiños de Orbazai, Andaina, Arrincadeira Folk, Batital, Caivanca, Pastillas Mamut, S3, Safari Orquestra, Telémaco e Zrutablism.
Por outra banda, xa falta menos para que se faga público o nome do deseñador que tomará o relevo de Francis Montesinos e Victorio e Lucchino coma padriño da moda e o deseño lugués. Esta ano será, ademáis, embaixador da riqueza natural da provincia, xa que a Lvcvs Moda 2012 rende homenaxe a Terras do Miño xusto cando se cumplen dez anos da súa declaración como Reserva da Biosfera por parte da Unesco. Esta será outra pero non a última das sorpresas que garda a cita deste ano. A derradeira só se desvelará o mesmo día 8, durante o transcurso da Gala, cando se dea a coñecer o nome do gañador do I Concurso de Novos Deseñadores lucenses, unha iniciativa da Deputación de Lugo que contribúe a fomentar novos valores da moda, potenciando o sector e favorecendo o emprego xuvenil. O concurso ofrece un galardón de 500 euros en metálico ó vencedor, 300 ó segundo e 200 ó terceiro, aínda que seguramente o maior premio para as tres finalistas (todas elas son mulleres), sexa ver os seus deseños sobre unha pasarela do nivel da Lvcvs Moda.
VENDA DE ENTRADAS:
Servizo de Protocolo-Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8 Lugo
Horario de mañá
982 260 060
Luis Areñas para Manuela López
Galerías Praza Maior/ Campo Castelo, 10. Local 5. Lugo
982 221 102
Sara Lage y Maru Calderón
Rúa Armaña, 16. Local dereita. Lugo
982 254 764
Montse Arias
Rúa San Froilán, 44. Lugo
982 241 820
Inpe&Sons
Praza Santo Domingo, 24. Lugo
982 255 865
Máis información, na portada da páxina web da Deputación www.deputacionlugo.org