Deputación de Lugo

Vendidas máis da metade das entradas para a Gala Lvcvs Moda en só cinco días

Imaxe deputación de lugo
As últimas entradas dispoñibles están á venda, ó prezo de 20 euros, no Servizo de Protocolo da Deputación e nos establecementos dos deseñadores participantes no eventoLiborio García presentará unha Gala chea de sorpresas que contará cun deseñador de prestixio internacional e na que participan directamente máis de 100 profesionais

O poder de convocatoria da terceira edición da Gala Lvcvs Moda queda patente á vista do bo ritmo ó que os asistentes adquiren as súas entradas para tomar parte na gran cita da moda lucense. En apenas cinco días dende a presentación do evento que tivo lugar o pasado día 25 de abril, -hai que ter en conta que durante a tarde do sábado e o domingo os puntos de venda das mesmas permaneceron pechados-, máis de 250 persoas fixéronse con algunha das entradas dispoñibles. Así pois, todos os que queiran estar presentes no Círculo das Artes o vindeiro día 8 de maio ás 21:00 horas, terán que facerse con algunha das últimas entradas que están á venda, ó prezo de 20 euros, no Servizo de Protocolo da Deputación, en horario de mañá, e nos establecementos lucenses dos deseñadores que estarán presentes na Gala.

Unha Lvcvs Moda chea de sorpresas

Nos pasados días deuse a coñecer que o periodista e presentador lucense Liborio García será o encargado de presentar unha Gala que conta coa participación directa de máis de 100 profesionais, os cales farán posible que este evento repita o éxito de asistencia e seguimento nos medios que tivo as pasadas edicións e que sitou a Lugo no mapa español da moda e do deseño.

Manuel Bolaño, Luis Areñas para Manuela López, Sara Lage e Maru Calderón, Inpe&Sons e Montse Arias; as creacións artesanais de Beatriz Valín e Chicha Lombao; Carmen López; Cecilia Carballo; Idoia Cuesta; Jara Rodríguez; María Rodríguez; Miguel Caamaño; Obradoiro de Adolfo Domínguez; Pilar Rodríguez; Paula Dimé; Ramón Álvarez; Ramón Lleó; Noela Feal; Vidal Revilla; e Yanllan (formada por Yolanda e Laura Luz Álvarez Nieto). As 10 perruqueríasm presentes Aluma, Attelier, Benjamín, Doana, Eduardo Souto, Galagroup, Mohama, Mönet, Pilar e René Velasco. 21 colaboradores: IES Muralla Romana; Conservatorio Profesional de Danza; restaurantes España, Mesón de Alberto e Koki García; hoteis Ciudad de Lugo e Méndez Núñez; Guillermo Fajardo, personal shopper para Adamascada; Rochas; Caramelo; Anna de Amigo; Modesto Santa Eularia; Cuplé; Senén; Ramón Rebolo; Dick&Paul; Messalina; Torques; Depidel e Porta Castelli. 33 grupos musicais lucenses que porán a banda sonora: Alberto Busto, Blö, Brea Sound System, Bristol, David Taboado & ASOC, High Sky, Mentirosos, Mullet, Zinc So!, Aro Arrhythmia, Atup-Lekar, Janie’s Gun, Lastway, Meskalina, Moondogs Blues Party, Pants off. Psicodelepsia, Ripper Ground, Sally the Aracnophobic, Shattered Mirror, Xenro, Airiños de Orbazai, Andaina, Arrincadeira Folk, Batital, Caivanca, Pastillas Mamut, S3, Safari Orquestra, Telémaco e Zrutablism.

Por outra banda, xa falta menos para que se faga público o nome do deseñador que tomará o relevo de Francis Montesinos e Victorio e Lucchino coma padriño da moda e o deseño lugués. Esta ano será, ademáis, embaixador da riqueza natural da provincia, xa que a Lvcvs Moda 2012 rende homenaxe a Terras do Miño xusto cando se cumplen dez anos da súa declaración como Reserva da Biosfera por parte da Unesco. Esta será outra pero non a última das sorpresas que garda a cita deste ano. A derradeira só se desvelará o mesmo día 8, durante o transcurso da Gala, cando se dea a coñecer o nome do gañador do I Concurso de Novos Deseñadores lucenses, unha iniciativa da Deputación de Lugo que contribúe a fomentar novos valores da moda, potenciando o sector e favorecendo o emprego xuvenil. O concurso ofrece un galardón de 500 euros en metálico ó vencedor, 300 ó segundo e 200 ó terceiro, aínda que seguramente o maior premio para as tres finalistas (todas elas son mulleres), sexa ver os seus deseños sobre unha pasarela do nivel da Lvcvs Moda.

VENDA DE ENTRADAS:

Servizo de Protocolo-Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8 Lugo
Horario de mañá
982 260 060

Luis Areñas para Manuela López
Galerías Praza Maior/ Campo Castelo, 10. Local 5. Lugo
982 221 102

Sara Lage y Maru Calderón
Rúa Armaña, 16. Local dereita. Lugo
982 254 764

Montse Arias
Rúa San Froilán, 44. Lugo
982 241 820

Inpe&Sons
Praza Santo Domingo, 24. Lugo
982 255 865

Máis información, na portada da páxina web da Deputación www.deputacionlugo.org