A Deputación acolle mañá a conferencia gratuíta e aberta sobre o Club Bilderberg A democracia contra o poder
![](/sites/deputacionlugo.org/files/Imagenes/2_9826_1.jpg)
A Deputación de Lugo acollerá mañá ás 20:00 horas no Salón de Actos a conferencia gratuíta e aberta ó público A democracia contra o poder, a cargo da xornalista Cristina Martín Jiménez, que versará sobre o Club Bilderberg.
Cristina Martín Jiménez foi a primeira autora a nivel mundial que se atreveu a falar dun dos temas máis controvertidos e secretos da historia actual: o Club Bilderberg, que se trata de encontros anuais celebrados en distintas cidades do mundo, no que participan diversos líderes políticos e expertos da industria, finanzas ou medios de comunicación que, segundo a autora, son os verdadeiros gobernantes do planeta.
A xornalista publicou no ano 2005 o libro El Club Bilderberg. Los amos del mundo, froito das súas investigacións e análises exhaustivos e que, rapidamente, se converteu nun best-seller, publicado en España, Romanía, Grecia, Estados Unidos, México e Colombia, entre outros países. Vén de publicar a súa cuarta obra sobre o tema, Perdidos. Los planes secretos del Club Bilderberg.
A conferencia será retransmitida en streaming polos técnicos da Fundación TIC para que todos os interesados poidan seguila en directo en Internet, dende a páxina web www.deputacionlugo.org.