O novo Goberno da Deputación de Lugo opta por prescindir de luxos e aposta polo benestar dos lucenses
![Imaxe deputación de lugo](/sites/deputacionlugo.org/files/default_images/depulugo001.jpg)
Lugo 30 de xuño de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia anunciou esta tarde que sacará a subasta o coche oficial de Gómez Besteiro para destinar o recadado a fins sociais.
Comezamos unha nova maneira de facer política, desfacéndonos dos gastos superfluos. A nosa bandeira é a da austeridade- manifestou Candia, quen afirmou que é hora de ser transparentes e é tempo de solidariedade.
A popular lembra que este vehículo foi un derroche do ex presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, posto que lle custou aos lucenses106.000 euros.
A presidenta da Deputación considera un despropósito contar cun luxoso vehículo oficial, máxime na época na que vivimos, e opta por priorizar a atención dos máis necesitados e de tódolos veciños da provincia de Lugo.
Neste senso, a presidenta do Organismo provincial prescindirá dos luxos e priorizará actuacións necesarias tales coma o benestar dos lucenses.