Deputación de Lugo

O novo Goberno da Deputación de Lugo opta por prescindir de luxos e aposta polo benestar dos lucenses

Imaxe deputación de lugo
Elena Candia vende o luxoso coche oficial de Gómez Besteiro• Saca o A-8 que empregaba o ex presidente da Deputación de Lugo a subasta para destinar o recadado a fins sociais• Considera un despropósito facer uso dun coche de tan alta gama na actual época económica que estamos a vivir e anuncia que optimizará os gastos• Priorizará outras actuacións e lembra que este vehículo foi un derroche do ex presidente da Deputación de Lugo xa que custou 106.000 euros

Lugo 30 de xuño de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia anunciou esta tarde que sacará a subasta o coche oficial de Gómez Besteiro para destinar o recadado a fins sociais.
“Comezamos unha nova maneira de facer política, desfacéndonos dos gastos superfluos. A nosa bandeira é a da austeridade”- manifestou Candia, quen afirmou que é hora de ser transparentes e é tempo de solidariedade.

A popular lembra que este vehículo foi un derroche do ex presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, posto que lle custou aos lucenses106.000 euros.
A presidenta da Deputación considera un despropósito contar cun luxoso vehículo oficial, máxime na época na que vivimos, e opta por priorizar a atención dos máis necesitados e de tódolos veciños da provincia de Lugo.
Neste senso, a presidenta do Organismo provincial prescindirá dos luxos e priorizará actuacións necesarias tales coma o benestar dos lucenses.