Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN REPARTE 5.000 PUBLICACIÓNS INFORMATIVAS SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO

Imaxe deputación de lugo
O Goberno provincial comprométese de xeito destacado tanto na promoción dasdistintas etapas Xacobeas como na difusión do patrimonio existente en paraleloa estas rutasA distribución realízase en distintas etapas da volta ciclista, en albergues oficiais e centros de interpretación do Camiño

Lugo, 03 de setembro de 2015.- A Deputaciónde Lugo reparte 5.000 publicacións informativas sobre os Camiños Norte ePrimitivo a través das que dá a coñecer o valor patrimonial, artístico ecultural así como as diferentes paisaxes que se presentan nos distintos treitosao longo destas Rutas Xacobeas.

O Goberno lucense explicou que adistribución realizarase nas distintas etapas da volta ciclista en Asturias eCantabria, así como nos albergues oficiais da provincia tanto no Camiño Nortecomo no Primitivo, a maiores de noutras instalacións de referencia para osperegrinos como poden ser os centros de interpretación do Camiño.

O obxecto da distribución destapublicación é que os peregrinos e visitantes dispoñan dunha guía informativasobre estes dous Camiños que ganaron proxección internacional. A través dela podencoñecer o patrimonio cultural e artístico co que os peregrinos se atopan nosdistintos municipios polos que transcorren estas Rutas Xacobeas.

A publicación desenvólvese enbase ás etapas do Camiño Norte e Primitivo por Lugo e, en cada unha delas,convértese nunha guía turística de cada un dos concellos. Esta edición ademaisde tratarse dun medio de publicación e promoción das Rutas Xacobeas Patrimonioda Humanidade, tamén é un libro aberto de promoción turística dos recursos queofrecen as distintas localidades.

O Goberno lucense manifestou envarias ocasións o seu compromiso co Camiño de Santiago e coa posta en marcha deiniciativas a través das que se aproveite o potencial que ofrece e máis dende adistinción que se lle outorgou con recoñecemento europeo. Nesta liña, aDeputación de Lugo está a realizar actuacións en estradas provinciais paragarantir a seguridade dos peregrinos en puntos perigosos e agora sacou caraadiante esta proposta centrada na promoción do Camiño e na posibilidade de queos peregrinos dispoñan dunha guía centrada nestas dúas rutas Xacobeas.