Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN REPARTE 5.000 PUBLICACIÓNS INFORMATIVAS SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO

Imaxe deputación de lugo
O Goberno provincial comprométese de xeito destacado tanto na promoción das
distintas etapas Xacobeas como na difusión do patrimonio existente en paralelo
a estas rutasA distribución realízase en distintas etapas
da volta ciclista, en albergues oficiais e centros de interpretación do
Camiño

Lugo, 03 de setembro de 2015.- A Deputaciónde Lugo reparte 5.000 publicacións informativas sobre os Camiños Norte ePrimitivo a través das que dá a coñecer o valor patrimonial, artístico ecultural así como as diferentes paisaxes que se presentan nos distintos treitosao longo destas Rutas Xacobeas.

O Goberno lucense explicou que adistribución realizarase nas distintas etapas da volta ciclista en Asturias eCantabria, así como nos albergues oficiais da provincia tanto no Camiño Nortecomo no Primitivo, a maiores de noutras instalacións de referencia para osperegrinos como poden ser os centros de interpretación do Camiño.

O obxecto da distribución destapublicación é que os peregrinos e visitantes dispoñan dunha guía informativasobre estes dous Camiños que ganaron proxección internacional. A través dela podencoñecer o patrimonio cultural e artístico co que os peregrinos se atopan nosdistintos municipios polos que transcorren estas Rutas Xacobeas.

A publicación desenvólvese enbase ás etapas do Camiño Norte e Primitivo por Lugo e, en cada unha delas,convértese nunha guía turística de cada un dos concellos. Esta edición ademaisde tratarse dun medio de publicación e promoción das Rutas Xacobeas Patrimonioda Humanidade, tamén é un libro aberto de promoción turística dos recursos queofrecen as distintas localidades.

O Goberno lucense manifestou envarias ocasións o seu compromiso co Camiño de Santiago e coa posta en marcha deiniciativas a través das que se aproveite o potencial que ofrece e máis dende adistinción que se lle outorgou con recoñecemento europeo. Nesta liña, aDeputación de Lugo está a realizar actuacións en estradas provinciais paragarantir a seguridade dos peregrinos en puntos perigosos e agora sacou caraadiante esta proposta centrada na promoción do Camiño e na posibilidade de queos peregrinos dispoñan dunha guía centrada nestas dúas rutas Xacobeas.