Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN DE LUGO COLABORA COA XXVIII FESTA DA CASTAÑA DE FOLGOSO DO COUREL

A presidenta e a alcaldesa asinaron o convenio a través do que aadministración provincial concede unha subvención de 3.000 euros para ofinanciamento deste festexo gastronómico Candia di que dende a Deputación “apostamos, a través desta axuda, pola potenciación e a comercialización dos produtos autóctonos da provincia”A alcaldesa do Courel agradece esta subvención que se converte “nun recoñecemento a este produto beneficioso para a economía familiar do concello”

Lugo, 01 de outubro de 2015.- A Deputación de Lugo colabora coaXXVIII Festa da Castaña de Folgoso do Courel cunha subvención de 3.000 euros,concedida a través dun convenio establecido entre o Concello e o organismo lucensee que asinaron hoxe a presidenta, Elena Candia, e a alcaldesa, Dolores Castro.

Esta subvención, dirixida aaxudar no financiamento do festexo gastronómico, “é unha aposta dende aDeputación pola potenciación e a comercialización dos produtos autóctonos daprovincia”, indicou Candia. Ademais, a presidenta engadiu que esta subvencióntamén é “un recoñecemento ao valor etnográfico desta festa”, que cada ano contacunha gran asistencia de público que “tamén contribúe a promoción turística dalocalidade”.

Pola súa banda, a alcaldesa deFolgoso do Courel agradeceu a colaboración da administración lucense, así comoda Xunta de Galicia, con esta Festa de Interese Turístico Galego e indicou queesta subvención convértese “nun recoñecemento a este produto beneficioso para aseconomías familiares do concello”.

A Festa da Castaña celebrarase odía sete de novembro, nesta ocasión en Seoane. Durante o festexo gastronómicoprepáranse entre 700 e 800 quilos de castaña, que se reparten de xeito gratuítoentre os asistentes, así como viño da terra.