A DEPUTACIÓN DE LUGO COLABORA COA XXVIII FESTA DA CASTAÑA DE FOLGOSO DO COUREL
administración provincial concede unha subvención de 3.000 euros para o
financiamento deste festexo gastronómico Candia di que dende a Deputación apostamos, a
través desta axuda, pola potenciación e a comercialización dos produtos
autóctonos da provinciaA alcaldesa do Courel agradece esta subvención
que se converte nun recoñecemento a este produto beneficioso para a
economía familiar do concello
Lugo, 01 de outubro de 2015.- A Deputación de Lugo colabora coaXXVIII Festa da Castaña de Folgoso do Courel cunha subvención de 3.000 euros,concedida a través dun convenio establecido entre o Concello e o organismo lucensee que asinaron hoxe a presidenta, Elena Candia, e a alcaldesa, Dolores Castro.
Esta subvención, dirixida aaxudar no financiamento do festexo gastronómico, é unha aposta dende aDeputación pola potenciación e a comercialización dos produtos autóctonos daprovincia, indicou Candia. Ademais, a presidenta engadiu que esta subvencióntamén é un recoñecemento ao valor etnográfico desta festa, que cada ano contacunha gran asistencia de público que tamén contribúe a promoción turística dalocalidade.
Pola súa banda, a alcaldesa deFolgoso do Courel agradeceu a colaboración da administración lucense, así comoda Xunta de Galicia, con esta Festa de Interese Turístico Galego e indicou queesta subvención convértese nun recoñecemento a este produto beneficioso para aseconomías familiares do concello.
A Festa da Castaña celebrarase odía sete de novembro, nesta ocasión en Seoane. Durante o festexo gastronómicoprepáranse entre 700 e 800 quilos de castaña, que se reparten de xeito gratuítoentre os asistentes, así como viño da terra.