O GOBERNO PROVINCIAL CONSEGUE A UNANIMIDADE NA APROBACIÓN DA SÚA PROPOSTA DE DIVULGAR O LABOR DAS IRMANDADES DA FALA NO SEU CENTENARIO
![Imaxe deputación de lugo](/sites/deputacionlugo.org/files/default_images/depulugo001.jpg)
Lugo, 29 de setembro de 2015.- O equipo de Goberno provincialconseguiu a unanimidade no voto de todos os grupos políticos do Pleno provincialpara aprobar a súa proposta de impulsar o recoñecemento ao labor das Irmandadesda Fala en defensa da lingua galega con diferentes actividades cuxa celebraciónestá prevista para o vindeiro ano, centenario da súa fundación. Ademais, ainiciativa dos populares aprobada hoxe tamén insta á Xunta de Galicia adeclarar oficialmente 2016 Ano das Irmandades da Fala.
Os populares defenderon anecesidade de que a Deputación lidere esta iniciativa ante a importancia e pesoque a provincia tivo dentro das Irmandades, as cales contaron con agrupaciónslocais en Monforte de Lemos, Vilalba, Mondoñedo e Lugo. Ademais, tal e comorecolle a proposta, as Irmandades son merecedoras do respecto e orecoñecemento de todos os lucenses pola súa contribución impagable á defensa,exaltación e fomento da lingua e cultura galegas.
O deputado de Cultura, FranciscoBalado, encargado de defender a proposta, fixo fincapé, fronte ás críticas daoposición, en que nós non usamos o idioma como arma política. Malia estascríticas, finalmente todos os grupos votaron a favor da proposta dos populares.