Deputación de Lugo

O GOBERNO PROVINCIAL CONSEGUE A UNANIMIDADE NA APROBACIÓN DA SÚA PROPOSTA DE DIVULGAR O LABOR DAS IRMANDADES DA FALA NO SEU CENTENARIO

Imaxe deputación de lugo
Os populares
defenderon a necesidade de que a Deputación lidere esta iniciativa ante a
importancia e peso que a provincia tivo dentro das Irmandades, as cales
contaron con agrupacións locais en Monforte de Lemos, Vilalba, Mondoñedo e
Lugo. A
iniciativa dos populares aprobada hoxe tamén insta á Xunta de Galicia a
declarar oficialmente 2016 Ano das Irmandades da Fala, pola súa
“contribución impagable á defensa, exaltación e fomento da lingua e
cultura galegas”Fronte
ás críticas da oposición, malia as que finalmente o voto de socialistas e
nacionalistas foi a favor, Balado fixo fincapé en que “nós non non usamos
o idioma como arma política”

Lugo, 29 de setembro de 2015.- O equipo de Goberno provincialconseguiu a unanimidade no voto de todos os grupos políticos do Pleno provincialpara aprobar a súa proposta de impulsar o recoñecemento ao labor das Irmandadesda Fala en defensa da lingua galega con diferentes actividades cuxa celebraciónestá prevista para o vindeiro ano, centenario da súa fundación. Ademais, ainiciativa dos populares aprobada hoxe tamén insta á Xunta de Galicia adeclarar oficialmente 2016 Ano das Irmandades da Fala.

Os populares defenderon anecesidade de que a Deputación lidere esta iniciativa ante a importancia e pesoque a provincia tivo dentro das Irmandades, as cales contaron con agrupaciónslocais en Monforte de Lemos, Vilalba, Mondoñedo e Lugo. Ademais, tal e comorecolle a proposta, as Irmandades “son merecedoras do respecto e orecoñecemento de todos os lucenses pola súa contribución impagable á defensa,exaltación e fomento da lingua e cultura galegas”.

O deputado de Cultura, FranciscoBalado, encargado de defender a proposta, fixo fincapé, fronte ás críticas daoposición, en que “nós non usamos o idioma como arma política”. Malia estascríticas, finalmente todos os grupos votaron a favor da proposta dos populares.