Preto dun cento de persoas están xa inscritas no Servizo de Guía Laboral da Deputación
![](/sites/deputacionlugo.org/files/Imagenes/0_13272_1.jpg)
Preto dun cento de persoas están inscritas no Servizo de Guía Laboral da Deputación. Así o comunicou o voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, que informou que hai máis de 85 persoas que solicitaron participar neste servizo, co que os traballadores da Área de Promoción Económica e Social ofrecen asesoramento especializado e gratuíto para afrontar con éxito un proceso de selección de traballo.
Destas 87 persoas, 45 pediron un asesoramento presencial, é dicir, nas dependencias do Pazo de San Marcos; e 42 telemático. Esta semana, xa se levaron a cabo varias entrevistas presenciais que continuará a vindeira. O tempo destas sesións é de entre 60 e 90 minutos.
Máis emprego
A Xunta de Goberno aprobou resolver 3 novas empresas beneficiadas do Ben Empregado, que ofrecen outros tantos postos de traballado. Trátanse dun enxeñeiro de camiños para traballar en Lugo, un peón gandeiro para A Pobra do Brollón e un desarrollador web e maquetador de contidos didácticos online, tamén para a cidade de Lugo. O vindeiro luns, estes postos publicaranse na Bolsa de Emprego, abrindo un proceso de solicitude de 10 días. Santos Ramos destacou o grande éxito desta ferramenta, que conta xa con 1.300 inscritos, o dobre que a semana pasada.
Transparencia
A Xunta de Goberno aprobou a adhesión da Deputación de Lugo á Plataforma de Contratación do Sector Público. Esta ferramenta electrónica permitirá dar maior publicidade a todos as fases dos procesos de contratación que poñamos en marcha, nun exercicio de afondar na transparencia da xestión pública. Ademais, manteremos o actual Perfil do Contratante, onde se poderá seguir consultando toda a información ao respecto dos procedementos de adxudicación.
O teu esforzo ten premio en Lugo
A Xunta resolveu 2 novos beneficiados das bolsas do programa do captación do talento coa USC, que leva por nome, O teu esforzo ten premio en Lugo. Deste xeito, custease a matrícula íntegra a mellores expedientes de BAC, FP e grao para estudar no Campus de Lugo. Polo de agora, son 27 mozos e mozas os beneficiados destas axudas, que se enmarcan dentro do plan de impulso da universidade luguesa.