Deputación de Lugo

Preto dun cento de persoas están xa inscritas no Servizo de Guía Laboral da Deputación

- Son máis de 1.300 as persoas desempregadas da provincia que están anotadas na Bolsa de Emprego da Deputación, o dobre que a semana pasada - Santos Ramos adiantou que o Goberno está a elaborar un Acordo Marco para a contratación de emulsión asfáltica co fin de aforrar custes e axilizar trámites - A Xunta de Goberno aprobou a adhesión da Deputación á Plataforma de Contratación do Sector Público para afondar na transparencia da xestión pública.

Preto dun cento de persoas están inscritas no Servizo de Guía Laboral da Deputación. Así o comunicou o voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, que informou que hai máis de 85 persoas que solicitaron participar neste servizo, co que os traballadores da Área de Promoción Económica e Social ofrecen asesoramento especializado e gratuíto para afrontar con éxito un proceso de selección de traballo.

Destas 87 persoas, 45 pediron un asesoramento presencial, é dicir, nas dependencias do Pazo de San Marcos; e 42 telemático. Esta semana, xa se levaron a cabo varias entrevistas presenciais que continuará a vindeira. O tempo destas sesións é de entre 60 e 90 minutos”.
Máis emprego
A Xunta de Goberno aprobou resolver 3 novas empresas beneficiadas do Ben Empregado, que ofrecen outros tantos postos de traballado. Trátanse dun enxeñeiro de camiños para traballar en Lugo, un peón gandeiro para A Pobra do Brollón e un desarrollador web e maquetador de contidos didácticos online, tamén para a cidade de Lugo. O vindeiro luns, estes postos publicaranse na Bolsa de Emprego, abrindo un proceso de solicitude de 10 días. Santos Ramos destacou “o grande éxito desta ferramenta, que conta xa con 1.300 inscritos, o dobre que a semana pasada”.

Transparencia
A Xunta de Goberno aprobou a adhesión da Deputación de Lugo á Plataforma de Contratación do Sector Público. Esta ferramenta electrónica permitirá dar maior publicidade a todos as fases dos procesos de contratación que poñamos en marcha, nun exercicio de afondar na transparencia da xestión pública. Ademais, manteremos o actual Perfil do Contratante, onde se poderá seguir consultando toda a información ao respecto dos procedementos de adxudicación.
 
“O teu esforzo ten premio en Lugo”
A Xunta resolveu 2 novos beneficiados das bolsas do programa do captación do talento coa USC, que leva por nome, “O teu esforzo ten premio en Lugo”. Deste xeito, custease a matrícula íntegra a mellores expedientes de BAC, FP e grao para estudar no Campus de Lugo. Polo de agora, son 27 mozos e mozas os beneficiados destas axudas, que se enmarcan dentro do plan de impulso da universidade luguesa.