Deputación de Lugo

A Deputación leva a Guitiriz a exposición “Imaxinando Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro

- A Deputada de Cultura  e a Alcaldesa de Guitiriz inauguraron a mostra que se sitúa na biblioteca municipal da Casa Habanera e que se pode visitar de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas. - Ilustracións e gravados creados por 32 artistas compoñen esta exposición inspirada nos poemas da obra da ilustre escritora

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e a Alcaldesa do Concello de Guitiriz, Regina Polín Rodríguez, inauguraron este luns na biblioteca municipal da Casa Habanera deste concello a exposición “Imaxinando Cantares Gallegos” que rende homenaxe a Rosalía de Castro, e que o CENTRAD leva agora a estas instalacións municipais, no que é o inicio do seu percorrido itinerante pola provincia.

A exposición é totalmente gratuíta para o público e estará aberta de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas na biblioteca municipal Casa Habanera de Guitiriz.

Todas as obras desta exhibición proveñen dunha iniciativa que puxo en marcha no 2013 a Deputación de Lugo a través do CENTRAD polo 150 aniversario de Cantares Gallegos, na cal, 32 artistas, crearon ilustracións e gravacións inspiradas nos poemas da obra de Rosalía.  Esta actividade tiña un gran valor didáctico xa que podíase observar de preto o proceso de traballo nas diferentes disciplinas e os artistas ofrecían explicacións sobre as súas obras.

A mostra que exhíbese na Biblioteca Municipal do Concello de Guitiriz combina literatura e artes gráficas coa intención de dinamizar a cultura lucense e impulsar os traballos dos artistas que participan na exposición. Tamén é un exemplo das diferentes visións que temos sobre unha das obras mais importantes da literatura galega.