A Deputación leva a Guitiriz a exposición Imaxinando Cantares Gallegos de Rosalía de Castro
![](/sites/deputacionlugo.org/files/Imagenes/0_14068_1.jpg)
A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e a Alcaldesa do Concello de Guitiriz, Regina Polín Rodríguez, inauguraron este luns na biblioteca municipal da Casa Habanera deste concello a exposición Imaxinando Cantares Gallegos que rende homenaxe a Rosalía de Castro, e que o CENTRAD leva agora a estas instalacións municipais, no que é o inicio do seu percorrido itinerante pola provincia.
A exposición é totalmente gratuíta para o público e estará aberta de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas na biblioteca municipal Casa Habanera de Guitiriz.
Todas as obras desta exhibición proveñen dunha iniciativa que puxo en marcha no 2013 a Deputación de Lugo a través do CENTRAD polo 150 aniversario de Cantares Gallegos, na cal, 32 artistas, crearon ilustracións e gravacións inspiradas nos poemas da obra de Rosalía. Esta actividade tiña un gran valor didáctico xa que podíase observar de preto o proceso de traballo nas diferentes disciplinas e os artistas ofrecían explicacións sobre as súas obras.
A mostra que exhíbese na Biblioteca Municipal do Concello de Guitiriz combina literatura e artes gráficas coa intención de dinamizar a cultura lucense e impulsar os traballos dos artistas que participan na exposición. Tamén é un exemplo das diferentes visións que temos sobre unha das obras mais importantes da literatura galega.