A Deputación de Lugo ponse á disposición dos poderes públicos para esclarecer as investigacións de Castro de Rei
Gómez Besteiro defende no tocante a Castro de Rei como en todos os casos, a presunción de inocencia que constitucionalmente ampara a todos os españois O Presidente da institución provincial, José Ramón Gómez Besteiro, informou que, no tocante ás investigacións de Castro de Rei, a Deputación non pode máis que respectar as accións que, en esclarecemento de calquer tipo de feito, leven a cabo os poderes públicos con suxección á lei. O Presidente lembrou que a Deputación sempre está a disposición das autoridades ou poderes públicos, como fixemos no caso da Fundación TOR, que interveñan nos acontecementos para facilitar calquera tipo de información no ámbito das súas competencias e que contribúan a esclarecer os feitos. Nembargantes, Gómez Besteiro lembrou que tamén en Castro de Rei como en todos os casos, somos firmes defensores da presunción de inocencia que constitucionalmente nos ampara a todos os españois.