Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo ponse á disposición dos poderes públicos para esclarecer as investigacións de Castro de Rei

Imaxe deputación de lugo
Igual que actuou noutros casos aínda abertos como a Fundación TOR, o Presidente da Deputación reitera a colaboración que faga falta desde a institución provincial para esclarecer canto antes este asunto de Castro de Rei

Gómez Besteiro defende no tocante a Castro de Rei “como en todos os casos, a presunción de inocencia que constitucionalmente ampara a todos os españois” O Presidente da institución provincial, José Ramón Gómez Besteiro, informou que, no tocante ás investigacións de Castro de Rei, “a Deputación non pode máis que respectar as accións que, en esclarecemento de calquer tipo de feito, leven a cabo os poderes públicos con suxección á lei”. O Presidente lembrou que “a Deputación sempre está a disposición das autoridades ou poderes públicos, como fixemos no caso da Fundación TOR, que interveñan nos acontecementos para facilitar calquera tipo de información no ámbito das súas competencias e que contribúan a esclarecer os feitos”. Nembargantes, Gómez Besteiro lembrou que tamén en Castro de Rei “como en todos os casos, somos firmes defensores da presunción de inocencia que constitucionalmente nos ampara a todos os españois”.