Deputación de Lugo

A Deputación impulsa o “Taller Internacional de Tendencias Cerámicas Sargadelos 2011”

Lara Méndez entregou ó xerente da factoría o convenio mediante o cal a institución inviste 15.000 euros na celebración dun encontro que reunirá a profesionais internacionaisCelebrarase en agosto nas instalacións da factoría cervense onde haberá xornadas formativas impartidas por expertos de todo o mundo e unha prestixiosa exposción do UlmO CENTRAD empregará as conclusións que xurdan do Taller para poñer en marchas novos proxectos que potencien a artesanía e xeren riqueza na provincia

A Deputación, a través do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), vén de asinar un convenio de colaboración con Sargadelos para impulsar o “Taller Internacional de Tendencias Cerámicas Sargadelos 2011”. Trátase dun encontro que reúne a centos de expertos en arte, deseño e innovación cerámica de todo o mundo, que se celebrará durante o vindeiro mes de agosto nas instalacións da factoría cervense. A Vicepresidenta Segunda e responsable do CENTRAD, Lara Méndez, entregou este xoves o documento ó Director Xerente da Fábrica de Cerámica de Sargadelos, José María Martínez Cortizas, quen agradeceu a colaboración da institución “xa que fai posible a celebración deste encontro malia as dificultades pola crise. Este Taller é un intercambio de experiencias a nivel mundial que conleva a posta en valor da nosa cerámica e da Comarca da Mariña en xeral”.

O convenio establece que o organismo provincial achega 15.000 euros para a celebración dunhas xornadas formativas sobre cerámica, protagonizadas por profesionais internacionais. Todos os interesados poden solicitar unha praza ata o mes de xuño. Para elo, deberán entrar na páxina web de Sargadelos ou dirixirse persoalmente ás instalacións cervenses.

A maiores, a institución comprométese a levar unha prestixiosa exposición do Ulm, a escola de deseño alemaña herdeira de Bauhaus, considerado o antecedente de Sargadelos. Pola súa banda, a fábrica prestará a súas instalacións.

O “Taller Internacional de Tendencias Cerámicas Sargadelos 2011” supón un repulsivo económica para a Mariña, e concretamente para Cervo, debido, por un lado, á visita de centos de persoas que durante varios días se aloxarán no municipio e, por outro, polo contido das xornadas. Expertos de todo o mundo poñerán en común innovadoras técnicas da cerámica e a arte co obxectivo de impulsar futuros proxectos que contribúan ó desenvolvemento da sector da artesanía e o deseño.

O CENTRAD, tal e como recolle o convenio, terá a súa plena disposición as conclusións do encontro. Deste xeito, será a folla de ruta a seguir na creación de novas iniciativas dirixidas a potenciar o sector artesanal e xerar riqueza na provincia.