Deputación de Lugo

A Deputación ultima a construción da nova Ponte de Freixo, na Fonsagrada, dotada de 135.000 euros

A institución situou hoxe as vigas para logo executar o taboleiro e realizar as tarefas de pavimentación e sinalización co fin de ter lista esta infraestrutura a mediados de setembroÉ unha ponte que dá acceso a 28 núcleos rurais das parroquias de San Pedro do Río e San Xulián de Freixo, con 259 veciños en total, parcialmente derribada polas choivas de marzoO organismo provincial constrúe unha nova ponte de formigón, de 6 metros de ancho e 12,5 metros de lonxitude que substitúe a anterior datada dos anos 40 e composta por pedra

A Deputación esta a ultimar os traballos de construción da Ponte de Freixo, na Fonsagrada, nos que inviste 135.000 euros. Hoxe mesmo, a institución colocou as vigas para, a continuación, executar o taboleiro e levar a cabo as tarefas de pavimentación e sinalización, tendo lista dita infraestruturas a mediados de setembro.

Trátase dunha ponte situada na LU-P-1907, que dá acceso a dúas das parroquias máis poboadas do Concello fonsagradino, as de San Pedro do Río con 94 habitantes e San Xulián de Freixo con 165. Estas veciños transcorren a diario por esta infraestrutura, ó ser paso para un total de 28 núcleos rurais.

As choivas provocaron o derribamento parcial desta ponte no mes de marzo. Por aquel entón, a institución habilitou de inmediato un paso provisional, garantindo a circulación na zona, así como a seguridade dos viandantes mediante unha plataforma de formigón armado, situada á carón da infraestrutura danada.

Unha vez avaliados os danos e tendo en conta a súa magnitude, o organismo provincial acordou construír unha nova ponte cunhas características moi superiores co fin de evitar novos derribamentos. Deste xeito, sostense sobre 3 vigas de formigón e conta cunha lonxitude de 12,50 e un ancho de 6 metros.

As obras foron adxudicadas en marzo cun presuposto de 135.000 euros e un prazo de execución de 4 meses. O seu inicio tivo que pospoñerse xa que era imprescindible que o cauce do río estivese moi baixo. Logo de que as condicións metereolóxicas permitisen este verán o seu inicio, as actuacións rematáranse 2 meses antes de finalizar o prazo de execución prorogateado.