A Deputación ultima a construción da nova Ponte de Freixo, na Fonsagrada, dotada de 135.000 euros
![](/sites/deputacionlugo.org/files/Imagenes/0_5571_1.jpg)
A Deputación esta a ultimar os traballos de construción da Ponte de Freixo, na Fonsagrada, nos que inviste 135.000 euros. Hoxe mesmo, a institución colocou as vigas para, a continuación, executar o taboleiro e levar a cabo as tarefas de pavimentación e sinalización, tendo lista dita infraestruturas a mediados de setembro.
Trátase dunha ponte situada na LU-P-1907, que dá acceso a dúas das parroquias máis poboadas do Concello fonsagradino, as de San Pedro do Río con 94 habitantes e San Xulián de Freixo con 165. Estas veciños transcorren a diario por esta infraestrutura, ó ser paso para un total de 28 núcleos rurais.
As choivas provocaron o derribamento parcial desta ponte no mes de marzo. Por aquel entón, a institución habilitou de inmediato un paso provisional, garantindo a circulación na zona, así como a seguridade dos viandantes mediante unha plataforma de formigón armado, situada á carón da infraestrutura danada.
Unha vez avaliados os danos e tendo en conta a súa magnitude, o organismo provincial acordou construír unha nova ponte cunhas características moi superiores co fin de evitar novos derribamentos. Deste xeito, sostense sobre 3 vigas de formigón e conta cunha lonxitude de 12,50 e un ancho de 6 metros.
As obras foron adxudicadas en marzo cun presuposto de 135.000 euros e un prazo de execución de 4 meses. O seu inicio tivo que pospoñerse xa que era imprescindible que o cauce do río estivese moi baixo. Logo de que as condicións metereolóxicas permitisen este verán o seu inicio, as actuacións rematáranse 2 meses antes de finalizar o prazo de execución prorogateado.