Deputación de Lugo

A Deputación mellora a competitividade de preto de 160 Pemes da Zona Centro da provincia coas marcas de calidade LugoSabe e Lug02

Gómez Besteiro entregou hoxe en Vilalba os títulos acreditativos ós responsables das empresas que obtiveron os distintivos do organismo provincial despois de superar rigorosas auditorías de calidadeLugoSabe cualifica produtos autóctonos e Lug02 servizos turísticos e hosteleirosSon 69 produtores e 88 establecementos turísticos que xa contan con estes selos que fan destes produtos e servizos lucenses un referente que se traduce en beneficios económicos para a zona

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, entregou este xoves en Vilalba os títulos acreditativos das marcas LugoSabe e Lug02 a 157 pequenas e medianas empresas da Zona Centro da provincia que, tras superar rigorosas auditorías, obtiveron de maneira totalmente gratuíta os distintivos de calidade outorgados polo organismo provincial. O obxectivo desta iniciativa é mellorar a competitividade e posicionamento no mercado destes 69 produtores e 88 establecementos turísticos.

Gómez Besteiro destacou a aposta da Deputación polos produtos autóctonos de calidade como xeradores de riqueza para a provincia, e asegurou que “con estes títulos as entidades beneficiarias acreditan que os seus produtos ou servizos son de calidade, o que xera confianza no consumidor e converte ás empresas da provincia en referente comercial”. A Deputación facilitará, ademais, a presenza destes negocios en recoñecidas feiras e eventos, realizará campañas divulgativas e incrementará os puntos de promoción e venda.

O Presidente insistiu no apoio da Deputación ós autónomos e Pemes da provincia, “auténtica columna vertebral da economía lucense”, a través de diferentes iniciativas postas en marcha pola institución provincial, encamiñadas á mellora da súa competitividade e posicionamento no mercado. Neste sentido, fixo mención a estas distincións de calidade, a implantación e impulso das novas tecnoloxías dentro da empresa, ou a explotación de novas canles de comercialización, como a plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com, á que Gómez Besteiro animou a sumarse a “todas as empresas de produtos e servizos da provincia”.

Rigorosas auditorías

Para conceder as marcas LugoSabe e Lug02, a Deputación desenvolve un rigoroso procedemento que garante o cumprimento dos requisitos esixidos, mediante a comprobación tanto de documentación como as que realiza in situ. Hai que destacar que estas auditorías están avaladas por AENOR, líder en certificación de sistemas de xestión, produtos e servizos a nivel internacional. As marcas Lug02 e LugoSabe garanten, pois, servizos e produtos de auténtica calidade ó tempo que fomentan as boas prácticas medioambientais. Así, LugoSabe ofrece produtos autóctonos sometidos a rigorosas prácticas de control en toda a cadea de fabricación: produción, envasado, embalaxe, almacenamento e distribución.

Pola súa banda, a marca Lug02 está dirixida a establecementos turísticos como hoteis, balnearios, campamentos, casas rurais, pazos ou restaurantes. Este distintivo, ademais de rexerse polas Normas de Calidade Turística –ICTE-, que avalan servizos óptimos como accesos para persoas con discapacidade, material informativo en todos os idiomas, infraestruturas de calidade ou a atención de persoal cualificado, está ligado á implantación das novas tecnoloxías na empresa, á conservación do medio ambiente e ó impulso dos produtos alimenticios da provincia. A iniciativa está financiada ó 80% por fondos europeos a través do programa Lug02.

As empresas agroalimentarias da zona centro que acadaron a marca LugoSabe son, por Concellos:

Abadín (1): a produtora de carne de tenreira galega Cooperativa San Cidre.
Antas de Ulla (1): a queixería Artelac.
As Nogais (1): a panadería Nullán
Baralla (6): a produtora de castañas e mazás ecolóxicas Esther Dacal Fernández; a de carne de tenreira galega ecolóxica Casa Palacio; a de castañas, noces e mazás ecolóxicas Casa Agustín; a de carne de tenreira galega ecolóxica suprema José Antonio Fernández Álvarez; a queixería Marques de Cernadas; e a produtora de castañas e mazás ecolóxicas Susana Díaz García.
Castroverde (1): a queixería Santo André.
O Corgo (3): as empresa produtoras de conservas e derivados dos cogomelos Champi Osca e Ecofunghi, e a de galo de Mos Herminia Bran Pazos.
Friol (16): as empresas de recría de polos de cebo ecolóxicos José Luis Iglesias Prado e Mª Pilar Villar Hermida; a Gandos Bran como produtores de leite e criadores de polo Broiler; a José Ángel López Lodeiro como como produtor de leite e criador de polo Broiler e Kuc; José Luis Roca Peteiro como produtor de leite de vaca e carne de tenreira galega suprema criada en extensivo; a gandería da Morena, pola carne de tenreira galega suprema; os produtores de leite de vaca Antonio Saavedra Mazariegos e Constantino Fraga Redondo; o de leite de vaca ecolóxico Cooperativa Friol Burgo de Negral; a Teresa Prado Novo produtora de tenreira galega suprema; e as panaderías Casa Grande, Casanova e Ferreiro.
Fonsagrada (2): produtos de porco celta Casa Castelao e Embutidos Buenavista.
Guntín (1): o produtor de pemento de Mougán Juan Carlos Besteiro López.
O Incio (1): produtos de porco celta Porco Celta do Incio e Adegas Terra Brava.
Lourenzá (1): a empresa produtora de hortalizas e legumes Ecodeallo.
Meira (1): a empresa produtora de cabra e cabrito galego Beealia.
Monterroso (3): produtor de leite e galletas ecolóxicas Granxa Maruxa; e as queixerías Doqueixa e Casa Meilán.
O Páramo (1): a gandeiría Quintián.
Outeiro de Rei (2): os produtores de galo de Mos Galimós, e de ovella galega SAT Torre dos Arcos.
Palas de Rei (4): a queixería Agroturismo Arqueixal; a gando e lácteos A Cernada; panadería Fraga; e á empresa de cultivo ecolóxico Milhulloa.
Pedrafita do Cebreiro (1): Queixería Castelao.
Ribadeo (2): a panadería La Plaza e fabas de Lourenzá Casa Valego.
Riotorto (1): a empresa produtora de ovella e cabra galega Fleire.
Samos (2): a empresa de carne de ovella galega e cabra galega Alberto Santín González e o criador de porco celta Manuel Losada Fernández.
Sarria (12): as empresas de produtos cárnicos e derivados de tenreira ecolóxica, porco celta, ibérico ou gando ovino Carballada, Cárnicas Teijeiro, Mª Teresa Chousa Losada, Rivera Tapas, José Luis Pereiro Freán e Luz Divina Pérez Pérez; a queixería Sarrianas; as panaderías Pallares e Gumersindo; e as empresas de carne e embutidos Casa Neiras, Cárnicas Dosmar e Gandería Martín.
Triacastela (1): Gandería Cachenas de San Breixo.
Vilalba (2): as queixerías Catadoiro e Fontelas.
Xove (1): conservas e produtos do mar Curricán.

Coa marca Lug02 contan os seguintes establecementos hostaleiros:

Abadín (1): Niza.
Alfoz (1): Casa Franco.
Antas de Ulla (1): A Forxa.
As Nogais (2): A Lareira e Urogallo.
Becerreá (3): Casa Bouza, Casa Poy e Herbón.
Begonte (1): La Ruta Esmeralda.
Castro de Rei (2): Cóndor e Mesón de Castro.
Cospeito (4): Aldea Celta Citania de Veria, Casa Beira Miño, Casa Rural de Vila e Casa do Pacio.
Folgoso do Courel (1): Casa Ferreiro.
Friol (1): BI Terra.
Monterroso (1): Pazo Ludeiro.
Navia de Suarna (1): Casa Suarna.
O Incio (1): Casa do Cabazo.
Palas de Rei (2): Casa da Ponte e Hotel Balneario Río Pambre.
Ribeira de Piquín (1): Hotel Mirador de Barcia.
Samos (2): A Veiga e Casa Licerio.
Sarria (13): Albergue A Pedra, Hostal A Pedra, Albergue Don Álvaro, Albergue Mayor, Camping Vila de Sarria, Casa Barbadelo, Casa Caxigueiro, DP Cristal, Hostal As Rodas, Hotel Alfonso IX, Mar de Plata, Rectoral de Goián e Roma.
Vilalba (6): Casa Maragata, Nova Ruta, Terra Chá, Venezuela, Vila do Alba e Parador de Vilalba.
Xermade (1): Casa da Fraga.
Ourol (1): Casa Os Carballás.

Os restaurantes:

Abadín (1): Niza.
As Nogais (1): Urogallo.
Becerreá (2): Boavista e Casa Poy.
Begonte (4): A Ruta Esmeralda, Casa Varela, Galicia e Taberna do Labrego.
Castro de Rei (2): Mesón de Castro e Cóndor.
Cospeito (4): O Centro, O Cabuxo, O Xugo e Beiramiño
Friol (1): BI Terra.
Guntín (1): Mesón de Pallares.
Monterroso (1): Pizzería Andorrana.
Palas de Rei (1): A Forxa.
Pedrafita (1): Casa Carolo.
Sarria (13): Cristal, As Rodas, Litmar, Matías Locanda Italiana, Mesón Ateneo, Mesón O Tapas, O Descanso, O Romeo, Pizzería Dezasete, Camping Vila de Sarria, Ponte Riveira, Mar de Plata e Roma.
Vilalba (8): Casa Maragata, Nova Ruta, Lanzós, Naseiro, Terra Chá, Restaurante Regueira, O Bosque e restaurante dos Andrade.