A DEPUTACIÓN DE LUGO REFORZA O PAPEL DA FUNDACIÓN TIC COMO O MELLOR ESCAPARATE DE TODO O QUE A NOSA PROVINCIA TEN QUE OFRECER
Lugo, 09 de setembro de 2015.- O padroado da Fundación TIC acordouhoxe reforzar o papel da entidade da Deputación de Lugo como o mellorescaparate de todo o que a nosa provincia ten que ofrecer. Neste senso,tomouse a decisión de incorporar ao equipo directivo a José María Blanco Vila,quen ocupará o posto de xerente. Margarita Soilán pasará a ocupar o seu posto noCentro de Produción de Programas.
O padroado destaca o perfil de José María Blanco Vilapor ser un traballador da casa nos últimos 14 anos e un bo coñecedor dofuncionamento e obxectivos que rexen o traballo da Fundación TIC. Os membros dopadroado, presidido pola presidenta da Deputación, aclaran ademais que esta decisiónnon supón un desembolso adicional da entidade. É un cambio construtivo quepretende mellora ro rendemento e organización da Fundación TIC no seuconxunto, ta le como explica Elena Candia.
A presidenta da institución aproveitoua reunión do padroado para enxalzar o traballo de todos e cada un dostraballadores da Fundación TIC, como os mellores embaixadores da nosaprovincia cun traballo constante e incansable.
Perfil do novo xerente
José María Blanco Vila (Lugo, 1975) étécnico de imaxe e iluminación e leva 14 anos prestando os seus servizos naFundación TIC como técnico audiovisual. Desde o padroado valoran a súa entregaá Fundación, a súa capacidade de traballo e a súa iniciativa.