Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN DE LUGO REFORZA O PAPEL DA FUNDACIÓN TIC COMO “O MELLOR ESCAPARATE DE TODO O QUE A NOSA PROVINCIA TEN QUE OFRECER”

Imaxe deputación de lugo
Hoxe tivolugar a reunión do padroado na que se elixiu un novo xerente, José María BlancoVila, que pasará a formar parte do equipo directivoO nomeamento non supón un desembolso maior para a entidade

Lugo, 09 de setembro de 2015.- O padroado da Fundación TIC acordouhoxe reforzar o papel da entidade da Deputación de Lugo como “o mellorescaparate de todo o que a nosa provincia ten que ofrecer”. Neste senso,tomouse a decisión de incorporar ao equipo directivo a José María Blanco Vila,quen ocupará o posto de xerente. Margarita Soilán pasará a ocupar o seu posto noCentro de Produción de Programas.  

O padroado destaca o perfil de José María Blanco Vilapor ser un traballador “da casa” nos últimos 14 anos e un bo coñecedor dofuncionamento e obxectivos que rexen o traballo da Fundación TIC. Os membros dopadroado, presidido pola presidenta da Deputación, aclaran ademais que esta decisiónnon supón un desembolso adicional da entidade. “É un cambio construtivo quepretende mellora ro rendemento e organización da Fundación TIC no seuconxunto”, ta le como explica Elena Candia.

A presidenta da institución aproveitoua reunión do padroado para enxalzar o traballo de todos e cada un dostraballadores da Fundación TIC, “como os mellores embaixadores da nosaprovincia cun traballo constante e incansable”.

Perfil do novo xerente

José María Blanco Vila (Lugo, 1975) étécnico de imaxe e iluminación e leva 14 anos prestando os seus servizos naFundación TIC como técnico audiovisual. Desde o padroado valoran a súa entregaá Fundación, a súa capacidade de traballo e a súa iniciativa.