Deputación de Lugo

SALGUEIRO: “O PSOE NON ESTÁ LEXITIMADO PARA DAR LECCIÓNS SOBRE A UBICACIÓN DO SERVIZO DE RECADACIÓN DESPOIS DE MANTER OITO ANOS AOS SEUS TRABALLADORES EN CONDICIÓNS INADECUADAS”

Imaxe deputación de lugo
O deputado responsable de Economía, Recadación e Facenda asegura que “onoso traballo é serio”, os traballadores “poden contar con nós para mellorar asituación na que se atopan” e non para facer política “que é o único que llespreocupa aos socialistas”O deputado tacha de “irresponsable” a actitude de García Porto e do seu grupo “aos que durante oito anos non lles preocuparon os traballadores de Recadación, desoíndo inclusive informes que avalaban as pésimas condicións nas que se atopaban os funcionarios deste servizo”

Lugo, 22 de setembro de 2015.- Odeputado delegado de Economía, Recadación e Facenda, Demetrio Salgueiro,asegura que Pilar García Porto e os membros do grupo socialista  “non están lexitimados para dar lecciónssobre o edificio no que localizar aos funcionarios do Servizo de Recadación, xaque mantiveron durante oito anos a estes traballadores en condicións inadecuadas,desoíndo informes que advertían sobre as pésimas condicións nas que se atopabanos empregados”.

Demetrio Salgueiro considera “irresponsable” a actitude dos socialistas,que durante anos investiron fondos públicos no elevado aluguer dun edificioonde tiveron desempeñando as súas funcións os traballadores de Recadación “sen concluírunha solución ao respecto pese a un Informe Provincial de Traballo e de Seguridade Social, queindicaba deficiencias en aspectos como o de falta de mantemento da estancia,unha dimensión do local inadecuada, e problemas tanto no sistema eléctrico,como no térmico e no de ventilación”.

“Ata agora nada lles importou”,indica o deputado, ata o punto de que “abandonaron a estes traballadores.Estamos ante un acto grave de irresponsabilidade, de desfachatez e de cinismo”. A maiores de que “son o claro exemplo daincoherencia máis absoluta. Lamentan agora o investimento de fondos paramellorar as condicións nas que traballan estes funcionarios, cando elesdestinaron importes millonarios en edificios aos que con posterioridade nonsacaron rendibilidade”.

Por último, o deputadoresponsable de Economía, Recadación e Facenda asegura que se está ante unhapetición do persoal, “que pode contar con nós, e á que atenderemos, froito duntraballo serio”, indicou, ao tempo que matizou que á diferenza dos socialistas“o que nos preocupa é a situación dos traballadores e non facer política”.