SALGUEIRO: O PSOE NON ESTÁ LEXITIMADO PARA DAR LECCIÓNS SOBRE A UBICACIÓN DO SERVIZO DE RECADACIÓN DESPOIS DE MANTER OITO ANOS AOS SEUS TRABALLADORES EN CONDICIÓNS INADECUADAS
Lugo, 22 de setembro de 2015.- Odeputado delegado de Economía, Recadación e Facenda, Demetrio Salgueiro,asegura que Pilar García Porto e os membros do grupo socialista non están lexitimados para dar lecciónssobre o edificio no que localizar aos funcionarios do Servizo de Recadación, xaque mantiveron durante oito anos a estes traballadores en condicións inadecuadas,desoíndo informes que advertían sobre as pésimas condicións nas que se atopabanos empregados.
Demetrio Salgueiro considera irresponsable a actitude dos socialistas,que durante anos investiron fondos públicos no elevado aluguer dun edificioonde tiveron desempeñando as súas funcións os traballadores de Recadación sen concluírunha solución ao respecto pese a un Informe Provincial de Traballo e de Seguridade Social, queindicaba deficiencias en aspectos como o de falta de mantemento da estancia,unha dimensión do local inadecuada, e problemas tanto no sistema eléctrico,como no térmico e no de ventilación.
Ata agora nada lles importou,indica o deputado, ata o punto de que abandonaron a estes traballadores.Estamos ante un acto grave de irresponsabilidade, de desfachatez e de cinismo. A maiores de que son o claro exemplo daincoherencia máis absoluta. Lamentan agora o investimento de fondos paramellorar as condicións nas que traballan estes funcionarios, cando elesdestinaron importes millonarios en edificios aos que con posterioridade nonsacaron rendibilidade.
Por último, o deputadoresponsable de Economía, Recadación e Facenda asegura que se está ante unhapetición do persoal, que pode contar con nós, e á que atenderemos, froito duntraballo serio, indicou, ao tempo que matizou que á diferenza dos socialistaso que nos preocupa é a situación dos traballadores e non facer política.