As Asociacións Culturais da Mariña plantexaron as súas demandas á area de cultura da Deputación
![](/sites/deputacionlugo.org/files/Imagenes/0_3025_1.jpg)
As entidades culturais demandaron transparencia no reparto de axudas, información fluída, colaboración para a realizacion de actividades e melloras e dotacións nos locais SARRIA, 11 DE DECEMBRO. O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, e o responsable da Área de Cultura, Antonio Veiga, participaron onte en no Museo do Mar de Cervo nunha xuntanza con representantes do tecido asociativo e os creadores lugueses. Esta xuntanza foi a primeira destas características celebrada na Mariña luguesa e enmarcase nunha serie de reunións previstas polas distintas comarcas dentro dunha iniciativa novidosa da Área de Cultura da Deputación co obxectivo de que os Orzamentos do vindeiro ano, que están a ser elaborados, sexan orzamentos participativos. No encontro, as asociacións culturais reclamaron transparencia no reparto de axudas; información constante e fluída de actos, proxectos ou liñas de subvención; colaboración do novo Goberno na realización de actividades conxuntas; e melloras e dotacións para os locais onde desenvolven as súas actividades. O responsable de Cultura, o nacionalista Antonio Veiga, informou sobre a política cultural que vai a seguir, a partir de agora, a Deputación de Lugo. Veiga informou tamén sobre as liñas de subvención que a Deputación vai a abrir no próximo ano para as asociacións e entidades culturais.