Deputación de Lugo

As Asociacións Culturais da Mariña plantexaron as súas demandas á area de cultura da Deputación

Representantes de asociacións culturais da comarca de A Mariña reuníronse onte no Museo do Mar de Cervo cos responsables da Área de Cultura da Deputación para elaborar os Orzamentos do vindeiro ano.

As entidades culturais demandaron transparencia no reparto de axudas, información fluída, colaboración para a realizacion de actividades e melloras e dotacións nos locais SARRIA, 11 DE DECEMBRO. O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, e o responsable da Área de Cultura, Antonio Veiga, participaron onte en no Museo do Mar de Cervo nunha xuntanza con representantes do tecido asociativo e os creadores lugueses. Esta xuntanza foi a primeira destas características celebrada na Mariña luguesa e enmarcase nunha serie de reunións previstas polas distintas comarcas dentro dunha iniciativa novidosa da Área de Cultura da Deputación co obxectivo de que os Orzamentos do vindeiro ano, que están a ser elaborados, sexan orzamentos participativos. No encontro, as asociacións culturais reclamaron transparencia no reparto de axudas; información constante e fluída de actos, proxectos ou liñas de subvención; colaboración do novo Goberno na realización de actividades conxuntas; e melloras e dotacións para os locais onde desenvolven as súas actividades. O responsable de Cultura, o nacionalista Antonio Veiga, informou sobre a política cultural que vai a seguir, a partir de agora, a Deputación de Lugo. Veiga informou tamén sobre as liñas de subvención que a Deputación vai a abrir no próximo ano para as asociacións e entidades culturais.